Inicio Val Miñor Gondomar Os alumnos do Conservatorio Municipal Gondomar gravan a súa primeira peza musical...

Os alumnos do Conservatorio Municipal Gondomar gravan a súa primeira peza musical conxunta desde as súas casas

O alumnado e persoal do Conservatorio Municipal de Gondomar non descansou durante este tempo de confinamento e desde os seus domicilios gravaron un vídeo co que agradecer agradecer o esforzo que, non só eles e elas, se non todos os veciños do municipio, están a realizar durante o estado de alarma sanitaria que vive o país.

A pesar de que a asistencia a clase suspendeuse o pasado 14 de marzo, tras a publicación do decreto nacional que obrigaba a permanecer en casa, desde a institución municipio expúxose desde o primeiro momento un plan de traballo dinámico e diversificado que garantise que os alumnos poderían seguir avanzando na súa aprendizaxe das distintas materias, á vez que se divertían.

Así dirección e profesorado durante estas semanas impartiron clases a través de videoconferencias e organizando teleconciertos, retos e a gravación colectiva de vídeos dos alumnos cantado, buscando en todo momento que a súa formación académica continuase á vez que se garantían intres de diversión e entretemento.

Froito deste esforzo e traballo lanzaron nas redes sociais do concello o seu primeiro traballo gravado desde as casas, na que animan á poboación para permanecer nelas ao ritmo do tema “ Take me Home” de John Denver.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies