spot_img
InicioBaixo MiñoAs avaliacións finais de Primaria e Secundaria centran a primeira sesión de...

As avaliacións finais de Primaria e Secundaria centran a primeira sesión de “Faladoiros de Educación” en Tui

as-avaliacions-finais-de-primaria-e-secundaria-centran-a-primeira-sesion-de-faladoiros-de-educacion-en-tui

Celebraranse seis charlas ata marzo promovidas polos Servizos Sociais e o CRA Mestra Clara Torres

O Concello de Tui e o Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres organizan por segundo ano consecutivo os “Faladoiros en Educación” que se van celebrar cun total de seis sesións ata o próximo mes de marzo.

Mañá xoves, 3 de novembro, terá lugar a primeira das sesións ás 18h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica.  Será unha mesa redonda co título “Na procura de aspectos positivos e negativos das avaliacións finais de Primaria e Secundaria”. Na mesma participarán Roser Villar Moreno, do Centro de Formación de Pontevedra en representación da consellería de Educación; Margarita Pino, coordinadora da Aula da UNED de Tui, pola Universidade; Esther Fernández, directora do CEIP Pintor Laxeiro de Vigo e Miguel Rodríguez Leborán, xefe de estudos do IES Val do Tea d Ponteareas; e Rogelio Carballo Sola, da Federación de ANPAS de centros públicos da provincia.  O acto será moderado polo director da Radio Municipal de Tui, José A. Font.  A participación é libre ata completar o aforamento.

As próximas sesións serán o xoves 24 de novembro co título “Igualmente diferentes” e o 15 de decembro co faladoiro “Uso reflexivo e seguro de internet e redes sociais”. Xa en 2017 o 12 de xaneiro celebrarase o obradoiro “Autocontrol  a través da relaxación”, o 2 de febreiro “Educando en positivo” e o último o 2 de marzo “Na procura dunha proposta creativa de deberes”.

Todas charlas serán ás 18h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica con entrada libre ata completar o aforamento.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.