spot_img
InicioBaixo MiñoTomiño presenta o libro “Daniel Calzado Poceiro” do ex-concelleiro nacionalista Lito Oliveira,...

Tomiño presenta o libro “Daniel Calzado Poceiro” do ex-concelleiro nacionalista Lito Oliveira, facendo unha dobre homenaxe

tomino-presenta-o-libro-daniel-calzado-poceiro-do-ex-concelleiro-nacionalista-lito-oliveira-facendo-unha-dobre-homenaxe

Foi no Mercado Municipal e tras a presentación da obra tivo lugar o descobremento da placa que dará o nome de Daniel Calzado a unha rúa da vila

“Daniel Calzado foi un dos moitos protagonistas do movemento migratorio do rural galego, que se deu en chamar o éxodo a América”. Con estas palabras comeza o seu relato, Rafael Martínez Calzado, máis coñecido coma Lito Oliveira, quen fora concelleiro polo BNG durante máis de 20 anos, e falecido tristemente o ano pasado tras unha longa enfermidade.

O Concello de Tomiño editou e presentou a obra esta mañá, no primeiro andar do Mercado Municipal, coa presenza da alcaldesa de Tomiño e membros da corporación municipal, alcalde de Salceda, ademais de persoas convidadas e público en xeral. Unha presenza destacada foi a do neto de Daniel Calzado (José Ramón Calzado), chegado dende Arxentina especialmente para a presentación do libro, xunto á súa muller, Liliana.

O historiador Bieito Alonso foi o encargado, xunto á rexedora local, de presentar o traballo. Ambos tiveron palabras emocionadas para lembrar a figura histórica de Daniel Calzado, e a calidade humana de Lito Oliveira.

Daniel Calzado Poceiro, nado en Tomiño en 1890 e finado en Bos Aires en 1972, foi un político agrarista galego, emigrado a Arxentina e alcalde de Tomiño entre 1931 e 1935.

“Tras unha breve experiencia de traballo dentro da península…decide probar fortuna en Arxentina. Neste país entrou en contacto coa comunidade galega e acadou unha boa posición social e económica. Volveu á súa terra natal, loitou por cambiar a forma de vida dos seus veciños, pelexou contra os caciques e chegou a ser alcalde do seu concello, Tomiño”. Deste xeito o autor goianés compón os primeiros trazos deste emigrante, empresario e político tomiñés, nado en Cristelos, parroquia de Barrantes. Daniel Calzado, ao que o Concello decidiu hai uns meses, dedicarlle unha rúa na vila, funda con outros veciños, coma Francisco Rodríguez Otero, a Escola de Emigración “Aurora del Porvenir”.

Vicepresidente do Centro Galego en Bos Aires, membro destacado da Irmandade Galega e do Consello de Galiza, foi coetáneo de persoeiros da talla de Antón Alonso Ríos ou o mesmo Castelao.

Ao longo de 60 páxinas, Oliveira vai dando a coñecer, nunha linguaxe sinxela e divulgativa a vida e obra de Daniel Calzado dentro e fora de Galicia, achegando tamén fotografías daquelas épocas.

Rafael A. Martínez Calzado, máis coñecido coma Lito Oliveira, foi portavoz do BNG durante os anos 1987 a 2007 e exerceu como concelleiro de Tomiño durante ese mesmo período. Foi, ademais, un importante sindicalista, que estivo presente en comités de empresa e asociacións como a Comisión Pola Verdade do 36. Adestrador nas categorías inferiores do Goián F.C., apareceu sempre moi vinculado a todo tipo de actividades culturais da zona. Até o seu falecemento, no mes de agosto de 2015, foi presidente da asociación de veciños de Goián.

O Concello de Tomiño quere render homenaxe a Daniel Calzado, pola súa importante labor a prol de Galicia, pero ao mesmo tempo, honrar a memoria de Lito Oliveira, persoa moi apreciada pola sociedade tomiñesa.

tomino-presenta-o-libro-daniel-calzado-poceiro-do-ex-concelleiro-nacionalista-lito-oliveira-facendo-unha-dobre-homenaxe

Tras a presentación da obra tivo lugar o descobremento da placa que dará o nome de Daniel Calzado a unha rúa da vila. Correspoundelle esta honra ao neto do exalcalde tomiñés.

tomino-presenta-o-libro-daniel-calzado-poceiro-do-ex-concelleiro-nacionalista-lito-oliveira-facendo-unha-dobre-homenaxe

- Publicidade -spot_img