spot_img
InicioCondado ParadantaA CañizaAs asociacións do Condado Paradanta contarán na elaboración da Extratexia de Desenvolvemento...

As asociacións do Condado Paradanta contarán na elaboración da Extratexia de Desenvolvemento Local Participativo

As asociacións do Condado Paradanta contarán na elaboración da Extratexia de Desenvolvemento Local ParticipativoO Grupo de Desenvolvemento Local (GDR Condado Paradanta), convoca ás entidades sociais e económicas do territorio a unha xornada de dinamización para reflexionar e facer achegas á Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa

Revista COUSAS DE nº14

As entidades sociais e económicas do territorio Condado Paradanta poderán facer as súas achegas para a elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) nunha xornada que se levará a cabo o vindeiro venres 22 de xullo ás 21:00 horas na Casa da cultura da Cañiza.

O Grupo de Desenvolvemento Local (GDR) do Condado Paradanta convoca ás asociacións do territorio á participar nun encontro participativo que ten como obxectivo, compartir ideas e propostas de cara á elaboración dunha estratexia de desenvolvemento local.

Segundo o presidente do GDR, Juan Pablo Castillo, o obxectivo é escoitar ao tecido asociativo, “entendendo que as entidades son grandes coñecedoras da zona, e coas que é preciso contar á hora de elaborar unha estratexia de crecemento sólida”.

Proceso participativo

A iniciativa do vindeiro venres enmárcase dentro do ciclo participativo proposto pola metodoloxía Leader, e na que o GDR Condado Paradanta leva semanas traballando.

Despois das reunións informativas realizadas nos dez concellos que conforman o territorio, a entidade supramunicipal reunirá a entidades socias e non asociadas que queiran compartir as súas ideas de desenvolvemento local e reflexionar sobre elas de maneira colectiva.

As asociacións do Condado Paradanta contarán na elaboración da Extratexia de Desenvolvemento Local Participativo

Posteriormente e durante os vindeiros meses, serán as mesas sectoriais ás que , tendo en conta as necesidades e potencialidades de cada área, traballen en diversas proposicións, que finalmente darán paso a unha estratexia común, consensuada e de abaixo cara arriba.

Asemblea xeral extraordinaria

O mesmo venres 22 de xullo, as 20:00 horas (antes da xornada participativa), levarase acabo unha asemblea xeral extraordinaria, na que ademais de escoller á nova Xunta Directiva, aprobarase a adhesión ao GDR de novas entidades.

Segundo Castillo, durante as últimas dúas semanas, foron 20 as asociacións que solicitaron adherirse, pero lembra que o Leader é un programa “de portas abertas, polo que calquera agrupación social e económica pode solicitar integrarse no GDR en calquera momento do ano”.

- Publicidade -spot_img