spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorA Biblioteca Municipal de Soutomaior recibe o premio María Moliner polos seus...

A Biblioteca Municipal de Soutomaior recibe o premio María Moliner polos seus clubs de lectura

Soutomaior, a Biblioteca Municipal estrea o seu taller de manualidades relacionadas coa literaturaO galardón permitirá incrementar a oferta da biblioteca con novos fondos

Revista COUSAS DE nº14

Por segundo ano consecutivo, a Biblioteca Municipal Luís Seoane de Soutomaior acaba de recibir un dos premios María Moliner, outorgados polo Ministerio de Cultura e Deporte, por un dos seus programas de fomento da lectura entre a poboación.

Este ano o proxecto recoñecido foi “Unha biblioteca de club”, no que se engloban os clubs de lectura que oferta este ano a Concellería de Cultura do Concello de Soutomaior, o club de lectura fácil, de fránces, de castelán, de galego e de literatura latinoamericana. A todo isto, hai que sumarlle o taller de teatro en francés para adultos.

O premio María Moliner está dirixido a municipios de menos de 50.000 habitantes e conta cun premio en metálica que supoñerá unha nova axuda para a biblioteca municipal xa que permitirá ampliar a oferta cultural con novos títulos que formarán parte do catálogo nas próximas semanas.

A edil de Cultura, Noelia Ocampo, quixo agradecer a todos os participantes dos clubs de lectura e aos voluntarios que axudaron na coordinación dos grupos. “Este premio recoñece o gran traballo que se realiza desde a biblioteca grazas á gran comunidade cultural que ten Soutomaior”, finalizou a edil.

- Publicidade -spot_img