Inicio Pontevedra Arrinca a sección oficial da VIII edición do festival Primavera do Cine...

Arrinca a sección oficial da VIII edición do festival Primavera do Cine en Vigo

Arrinca a sección oficial da VIII edición do festival Primavera do Cine en Vigo
Narrativas de um crime

Entre o 30 de abril e o 5 de maio proxectaranse un total de 34 curtametraxes e 10 longametraxes galegas e lusófonas que competirán por levarse os galardóns ás mellores obras da oitava edición do Primavera do Cine

Tras distintas actividades paralelas que conseguiron colgar o cartel de completo nas súas proxeccións, como Viva Cuba, unha retrospectiva de cine cubano ou o Cine nos Barrios en Navia e o Casco Vello Alto, este martes arrinca a sección oficial VIII edición do Primavera do Cine en Vigo.

Así, no Instituto Camões, a partir das 19.30 terá lugar a proxección do primeiro bloque de curtas lusófonas compostas por catro obras: California, unha obra de Nuno Baltazar que narra a loita dunha nai e a súa filla chinesa por conseguir unha vida mellor en Portugal e Tudo o que imagino de Leonor Noivo, un filme rodado por actores non profesionais e ambientado no barrio de Alcoitão que mostra o fin da adolescencia desde o punto de vista de André, un mozo cheo de ilusións e quen ten coma obxectivo unha vida libre e sen ataduras.

Este primeiro bloque completarase tamén con Madness de João Viana, unha cinta estreada na Berlinale de 2018 que reflexiona sobre o colonialismo e como pode chegar a converterse nunha enfermidade mental e Narrativas de um crime de Alison Zago, gañadora á mellor curtametraxe e ao mellor director no Curta Sao Thomé en Brasil e galardoada cunha mención especial do xurado no no Short of the Year de España 2019. A obra de Alison Zago aborda a historia de Constantin, un detective da policía que soña con ser escritor e Paulo, un policía con problemas de ira que acaba de regresar despois dun período de suspensión. Ambos terán que traballar xuntos nunha escena dun crime e colaborar, pese aos seus conflitos persoais.

Ademais, durante todas as xornadas de proxeccións no Camões, os asistentes poderán gozar duns petiscos doces e salgados cortesía do Instituto Camões e dun albariño Carallán, xentileza de Adegas Terrae, un dos patrocinadores do festival.

IX ENCONTROS ARRAIANOS

Por segundo ano consecutivo, o Festival Primavera do Cine en Vigo acolle unha nova edición dos En­contros Arraianos de Cinema, unha xuntanza de persoas e institucións que traballan no estudo e na difusión da cultura arraiana no eido audiovisual. O evento terá lugar o martes 30 ás 11.00 no salón de actos do Instituto Camões de Vigo. A entrada é de balde.

Os IX Encontros Arraianos de Cinema, promovido polo Festival Internacional de Cine Rural de Galicia “Carlos Velo”, Arraianos Produções e AO NORTE celebraranse en nova colaboración co Festival Primavera do Cine e estarán representantes dos cineclubes, festivais de cine e universidades que xa levan moitos anos a traballar na ampliación das fronteiras con “insistencia arraiana”.

Ademais, nesta nova edición, procurarase o intercambio de mate­riais de traballo a través dun debate entre todas e todos, que ten como obxectivo acadar propostas colaborativas concretas. Por exemplo, a creación dunha base de datos que contemple institucións e eventos relacionados coa cultura arraiana ou a posibilidade de presentar unha candidatura conxunta para conquerir fondos europeos interrexionais.

Os Encontros Arraianos de Cinema naceron no ano 2016 co obxectivo de promover o xurdimento de redes de colaboración e intercambio entre cineclubes e festivais de cinema de Galicia e do Norte de Portugal, España e Brasil, contribuír e espallar a identidade arraiana, e estimular o diálogo cultural alén das fronteiras.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

39FansGóstame
272SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies