Inicio Pontevedra O Salnés Arranque da vendima na comarca do Salnés dentro da Denominación de Orixe...

Arranque da vendima na comarca do Salnés dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas

Arranque-vendima-comarca-Salnés-dentro-Denominación-Orixe-Rías-Baixas

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá a adega Martín Códax de Cambados en compaña do alcalde da localidade, Jesús María Fernández, co obxectivo de comprobar o arranque da vendima na comarca do Salnés dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou que se agardan entre 30 e 32 millóns de quilos de uva en toda a Denominación de Orixe Rías Baixas

O obxectivo desta visita”, engadiu o delegado territorial, “é estar en contacto cos viticultores e bodegueiros para coñecer o seu sentir nesta vendima na que, se estima, vanse recoller, segundo os últimos estudos realizados polo Consello Regulador, entre 30 e 32 millóns de quilos de uva en toda a denominación de orixe”. De feito, no día de onte, contabilizábanse 29 millóns de euros, “o que significa un 30% máis co ano pasado. Desta cantidade, o 65% corresponden á subzona do Salnés”.

José Manuel Cores Tourís incidiu no apoio aos viticultores por parte da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Rural e do Mar. Deste xeito, destinouse case medio millón de euros este ano para os plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia. “Na denominación de orixe Rías Baixas estes plans permitirán mellorar 32 hectáreas, cunhas axudas que roldarán os 271.256 euros, é dicir, case o 60% do total aportado para a comunidade autónoma”, explicou o delegado territorial.

O delegado territorial recordou a importancia do sector vitivinícola, non só para a provincia de Pontevedra senón tamén en toda Galicia. “O futuro da nosa comunidade autónoma”, afirmou, “pasa por apostar polos sectores con maior puxanza económica como, neste caso, é o vitivinícola, que está a exportar na Denominación de Orixen Rías Baixas, na actualidade, un 30% de toda a produción”.

“De aí a aposta da administración autonómica cara a este sector. Deste xeito, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas conta cunha axuda anual da Consellería de Medio Rural e do Mar que rolda os 800.000 euros cada ano”. No caso da adega que hoxe visitou o delegado territorial, nos últimos anos obtivo máis de 4 millóns de euros de subvencións para axudas á exportación, comercialización e industrialización, así como para a asistencia a feiras.

Martín Códax
As adegas Martin Códax, SAU ten, na actualidade, como único socio a Viticultores Martín Códax, SCG, formada por 270 viticultores que posúen unha superficie aproximada de 250 Ha. Así mesmo, tamén adquire uva a máis de 270 viticultores colaboradores cos que firma contratos homologados no período 2009-2001 por unha superficie de 336 Ha.

A adega situada en Cambados ten unha capacidade instalada de 5.800.000 litros vinificando o redor de 6 millón de quilos. Nesta adega se elaboran fundamentalmente as marcas Martín Códax, Organistrum, Burgaáns e Gallaecia.

Por outro lado Martin Códax, SAU participa nun 100% en Servicios Agrarios Martin Códax, SAU e na adega Viñas e Adegas Galega, SLU, esta última adquirida no ano 2011 xunto con 7 Ha de viñedo logo dun proceso concursal da sociedade propietaria. O custo da operación foi de 3.6 millóns de euros. As marcas principais desta adega son Don Pedro de Soutomaior, Veigadares, Gran Veigadares e Dionisos e o obxectivo é acadar as 400.000 botellas nesta instalación.

A adega dispón dos selos internacionais de seguridade alimentaria BRC e IFS o que lle permite exportar a máis de 50 países. O mercado da exportación supón para a adega, segundo os seus datos, máis da metade das súas vendas, sendo a principal bodega exportadora da DO Rías Baixa, aínda que está moi lonxe dos principais grupos exportadores españois xa que non figura no ranking de Alimarket das 35 primeiras bodegas exportadoras nacionais. De todas forma a empresa galega foi pioneira na entrada no mercado dos EEUU tras a firma no 2007 dun acordo con E. & J. GALLO WINERY, terceiro productor e comercializador de viños do mundo. Neste mercado comercializa o 60% das súas exportacións, 1 millón de botellas de Rías Baixas e 500.000 botellas de Rioja, marca ERGO, elaboradas a través dun acuerdo coa cooperativa El Patrocinio, de Uruñuela.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies