Inicio Pontevedra Baiona galardoa ao regatista Gonzalo Martínez Rodríguez tras conseguir a Medalla...

Baiona galardoa ao regatista Gonzalo Martínez Rodríguez tras conseguir a Medalla de Bronce no Campionato Mundial de Vela de Holanda

Baiona galardoa ao regatista Gonzalo Martínez Rodríguez tras conseguir a Medalla de Bronce no Campionato Mundial de Vela de HolandaO Concello de Baiona galardoa a Gonzalo Martínez Rodríguez tras quedar terceiro no Campionato do Mundo de Vela Vaurien en Sneek (Holanda).

O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, e o Concelleiro de Deportes, Anxo Rodal, recibiron a Gonzalo Martínez Rodríguez na Casa Consistorial baionesa para facerlle entrega dun galardón por traerse a Medalla de Bronce para Baiona así como tamén pola súa brillante traxectoria como deportista.

“É un orgullo para Baiona contar con xente nova tan preparada que, ademais, exerce de embaixadora do municipio polo mundo“, sinalou Jesús Vázquez Almuiña na recepción, á que tamén asistiron os seus pais e a súa irmá.

O Concelleiro de Deportes, felicitou ao deportista pola súa imparable traxectoria e animouno a seguir cultivando éxitos.

O mozo recolleu moi emocionado o seu recoñecemento no Salón de Plenos do Concello e a declarado que: “Faime moita ilusión que se recoñeza o meu traballo e máis aínda que sexa en Baiona o lugar onde iniciei a miña traxectoria deportiva. Grazas por recoñecer todos estes anos de traballo e dedicación destinados á Vela”.

Martínez Rodríguez, acudiu á cita máis importante e atractiva do ano, o Campionato do Mundo, unha competición na que estaban inscritos 79 barcos de nove países. En Sneek celebrouse un Mundial con condicións moi duras superando os 30 nós os días de finais. A pesar disto, a frota galega deixou o pavillón moi alto colocando a 4 tripulacións entre os 10 primeiros clasificados, destacando a Medalla de Bronce en categoría absoluta para a tripulación do CM Canido e do RCN Vigo formada por Gonzalo Martínez e Tone Pérez.

A aventura náutica do mozo Gonzalo comezou moito antes, alá polo 2007 cando apenas tiña 7 anos. Martínez, que foi alumno da escola municipal de vela de Baiona, pronto empezou a destacar neste deporte náutico cando tomou as súas primeiras clases. Desde entón cultivou numerosos éxitos, entre os últimos que testemuñan a súa meteórica carreira atópanse un cuarto posto no Mundial de Vela Lixeira de Sanxenxo no 2013, un noveno posto no Mundial de Italia en 2014, o terceiro posto que acaba de conseguir en Holanda. Ademais, hai pouco menos dunha semana o mozo acábase de facer co Campionato Ibérico en augas de Viana do Castelo (Portugal). Así mesmo, o mozo acaba de renovar o seu título como deportista de alto nivel.

Con todos estes triunfos ás súas costas ao regatista augúraselle un futuro prometedor. O seu próximo reto o Campionato de Vela de España que se celebrará en breves en Villagarcia.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies