O Boletín Oficial da Provincia (POPPO) publica este mércores a resolución da primeira tanda de empresa e autónomos adheridos á plataforma do centro de comercio virtual “ponteacomprar”.
Outras 93 empresas e profesionais teñen un prazo de 10 días para presentar a documentación que lles falta para estar neste centro de comercio electrónico posto en marcha pola Deputación de Pontevedra
Logo de ser presentada hai un meses, máis de 400 autónomos e pequenas empresas solicitaron estar nesta nova canle de venda en liña e delas, 195, foron seleccionadas para adherirse gratuitamente na posta en marcha da plataforma.
O BOPPO tamén pública este martes a relación de pemes e autónomos excluidos por incumprir as bases da convocatoria
Unha vez recibidas as solicitudes de adhesión e de acordo cas bases da convocatoria publicada no BOPPO o 3 de novembro de 2014, a comisión de avaliación aprobou a primeira relación de pemes e autónomos adheridos á plataforma de comercio virtual. Un total de 86 empresas que este mes de xuño xa poderán ofrecer os seus produtos e servizos na rede.
RELACIÓN DE AUTÓNOMOS E EMPRESAS ADHERIDAS
| Tres pastas delicatessen, S. L.Fotografía 20 Terra de Asorei A. I. E. Tábora Confiterías Mel do Saldoiro Bodegas Tomada de Castro Corisca, S. L. Carlota Wines, S. L. Floristería Mercedes Bodega Os Arcos Embutidos Lalinense, S. A. T. El salón de tus viajes, S. C. Lagar da Cachada Sietemares Agua de Mar S. L. Attis Bodegas y Viñedos, S. L. Pousa Licores de Galicia Casa Videira Casa Uma Bodega Luz de Estrelas Adegas Arousa de Bebidas SL Churrasquería Penaguda I Penaguda II, S. L. Fernández y Portela, S. C. (Queixos Ovilaga) Viajes Turiplanet Artesanía Sestelo, S. L. Froitas do Rosal Todo Eventos Galicia, S. L. (Tu fondo de armario) Bolboreta Wines, S. L. Porta da Pía Artesanía, S. C. Arrullos del Agua, S. L. Piragüilla, S. C.
| La PedaleríaGreenvalley Tartas Mi-má Petra Domínguez Gómez (Hotel San Luis) Bodegas Aquitania, S. L. Agro de Bazán, S. A. Viña Moraima, Soc. Coop. Galega Confraría de Pescadores San Martiño de Bueu Casa da Xesta Hotel Cabo Festiñanza Hermasal Teucro, S. L. Lola Peluquerías Todo Eventos Galicia, S. L. (Los Mil y Un Eventos) Restaurante Os Pirús, S. L. Coco y Lobo Pan para Todos Hotel A Torre do Xudeu Argallet, S. L. Adega dos Eidos, S. L. Gluumiim, S. L. (Aloonida) Adega Rubén Bodega Torgo Mabel Herbolario Le Marche de Rachel Dulces PK2 Bieron Agudelo, S. L. U. (Saramagal) María Isabel Vieitez Álvarez Amare Turismo Naútico, S. L. El Baúl de la Costura
| Cakes&ColorsCristalería Condado, S. L. Quinta de San Amaro, S. L. Viña Cartín, S. L. M Casa das Pías Bien Bonito, S. L. Lagar de Ribela, S. L. Mel Pájaro Adegas Castrobrey, S. L. Daquela, S. A. Gluumiim, S. L. (Ría de Luz) Beciclón Obrador de lamprea, S. L. U. Palmira Acuña Comesaña (Casa Acuña) Viajes Illa de Ons, S. L. (Vioviajes) Good Godis Vigo Hotel Magar, S. L. (Hotel Condado) E Colchonería Soños do Deza El Vergel Parisino, S. L. (El Vergel, la Boutique de la Fruta) K Cubil del Cuero Adegas Menduiña, S. L. Cerámica Creativa C Rial Miguel Ángel Otero Amoedo (Outra Luz) José Buján Veiga (Restaurante Asturiano) Casa Rural A Pampla Serán de Torgo
|
93 empresas e autónomos pendentes de documentación
Asimesmo, segundo o anuncio publicado este mércores no BOPPO, se lles concede un prazo de 10 días, a contar dende hoxe, a outras 93 pequenas empresas e profesionais para que enmenden a falta de documentación requerida nas bases de selección e poidan ser adheridas á plataforma do Centro de Comercio Virtual da provincia de Pontevedra e da comarca de Deza.
A resolución tamén inclúe a relación de pemes e autónomos, un total de 16, aos que se lles denegou a adhesión gratuíta á plataforma por non cumprir cos requistos e criterios establecidos nas cláusulas das bases da convocatoria de selección de empresas.
“www.ponteacomprar.com”
Impulsada pola Deputación de Pontevedra ao abeiro dos proxectos depoTic: a tecnoloxías nas tías mas e depoDeza: dinamización económica da comarca de Deza, e cofinanciado polo FEDER, “ponteacomprar” xorde como unha nova canle de venda en liña ao servizo dos máis de 64.000 autónomos e pequenas empresas da provincia. Unha plataforma única na que poidan comercializar os produtos e servizos con especial atención a sectores estratéxicos como a alimentación, a restauración, o turismo, o lecer, a hostalería e a cultura.
Na actualidade este centro xa conta con datos de 55 compañías, e máis de 7.900 fotografías de 1.900 produtos e servizos.
Coa posta en marcha deste novo centro de comercio virtual, a Deputación da un paso máis na promoción e modernización tecido produtivo da provincia, abríndolle aos autónomos e ás pemes a porta do comercio virtual.




