O sábado 14 de maio o club Andatui celebrará a XIII Andainatudense Solidaria 2022, cita anual para subir e desfrutar do monte Aloia.
Esta maña foi a presentación da proba organizada polo Club Andatui Rego da Pedra, en colaboración co Concello de Tui. Na mesma estiveron presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez e o presidente do Club Andatui Rego da Pedra, José Martínez Tato.
A saída será ás 10:00 horas desde a Praza da Inmaculada para recorrer varias rúas de Tui antes de tomar rumbo hacia a senda do Lagartón e chegar a Ponte das Febres, subindo despois polos muíños de Paredes “dende abaixo” ata o alto do Monte Aloia, onde será o xantar arredor da capela de san Xiao. Pola tarde os participantes pasarán ao carón do Castro dos Cubos, visita que recomendamos, antes de chegar de novo a praza da Inmaculada onde finalizará a XVIII Andainatudense Solidaria.
A organización cuenta que serán unhas 200 as personas que realizarán un percorrido que será duns 23 quilómetros, tendo avituallamentos intermedios. No remate da Andainatudense a organización fará o sorteo de agasallos de costume.
Un ano máis a acción solidaria irá destinada a SOS Tomiño Baixo Miño, polo que na recollida do dorsal solicitarán a entrega dun 1 quilo, ou máis, de alimentos non perecedoiros.
Datos de interese:
- Recollida de dorsais: entre as 09:00 e as 10:00 horas na praza da Inmaculada.
- Xantar: a partir das 14:00 horas arredor da capela de san Xiao.
- Remate da andaina: aproximadamente ás 18:00 horas.
- Prezo: 12 euros (inclúe seguro, camiseta conmemorativa, xantar e avitullamentos)
- As inscricións finalizarán o mércores 11 de maio ás 23:59 horas.




