spot_img
InicioBaixo MiñoAna Pontón propón impulsar o banco de terras para dar superficie aos...

Ana Pontón propón impulsar o banco de terras para dar superficie aos viveiros do Baixo Miño

ana-ponton-propon-restituir-o-banco-de-terras-para-dar-superficie-aos-viveiros-do-baixo-minoA portavoz do BNG visitou o concello de Tomiño onde tamén mantivo unha xuntanza coa asociación de persoas usuarias das traídas de augas que defenden a xestión pública da auga fronte ao novo regulamento da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Na súa visita a portavoz do BNG mantivo ao longo do día diversos encontros con axentes sociais e económicos do concello nos que tamén participaron  a alcaldesa nacionalista,  Sandra González e a deputada por Pontevedra, Montse Prado.

Na reunión coa asociación COXAPO, que aglutina a máis de 76.000 usuarios e usuarias das traídas de augas, Pontón comprometeuse a trasladar ao Parlamento os problemas derivados do novo regulamento da Confederación  Hidrográfica Miño Sil e  que ameaza a xestión pública da auga.“Existe un sistema de xestión comunitario que garante, cumprindo coa legalidade o subministro de auga a toda a poboación” e levaremos iniciativas ao Parlamento para que o que “existe na actualidade  se regularice”, dixo.

Por outra parte,  a portavoz do BNG propuxo impulsar o banco de terras para dar superficie aos viveiros do Baixo Miño, un sector, afirmou, do que viven máis de 500 persoas, entre elas moitas  mulleres e que  segue creando moitos postos de traballo. No encontro cos representantes do sector viveirista, a nacionalista lembrou que a iniciativa do  banco de terras,  impulsadas polo BNG, daba resposta á falta de superficie para a produción. Pontón lembrou que o concello de Tomiño conta co maior número de viveiros de Galicia e ocupa o quinto lugar no Estado. Este sector, da flor e horta vive un momento de gran crecemento polo que  debe contar con terras que na actualidade non producen. Neste sentido, recalcou que é preciso poñer  en marcha o banco de terras para dar resposta ás demandas dos e das viveiristas.

Asemade, a portavoz do BNG visitou o mercado remodelado no ano 2015 polo goberno de Sandra González e que conta coa denominación de “mercado excelente” outorgada pola Xunta de Galicia e  a Escola municipal de Música á que asisten máis de 150 alumnos e alumnas de Tomiño e da localidade portuguesa, Vilanova de Cerveira, iniciativa transfronteiriza que leva o nome de “Gotas de auga por gotas de música”.

A visita a Tomiño finalizou coa participación da portavoz nacionalista nun acto aberto á cidadanía baixo o título “Os retos do nacionalismo do futuro”.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.