spot_img
InicioBaixo Miño'Ama-San', da portuguesa Cláudia Varejão, gañadora do premio Play-Doc 2017

‘Ama-San’, da portuguesa Cláudia Varejão, gañadora do premio Play-Doc 2017

O xurado valora “o seu traballo impecable, sen imaxes superfluas nin editorializantes”.  A película estreouse en España este sábado no festival de Tui. No  documental “logra condensar o que calquera cineasta desexa retratar”

 A película Ama-San, da portuguesa Cláudia Varejão, é a gañadora  da 13ª edición de Play-Doc Festival Internacional de Cine Documental. Así o decidiu esta noite  o xurado da sección oficial, que valorou “a creación dun traballo impecable sen imaxes superfluas ou editorializantes”.

“A película logrou condensar o que calquera cineasta desexa retratar, a través dunha extraordinaria fotografía, un ritmo pausado e un modesto control, que encaixa perfectamente co recoñecemento aos seus protagonistas”, destaca a acta do xurado, formado por Carmen Gray, Jake Perlin e Philippe Azoury.

Varejão realizou este mesmo sábado en Tui a estrea en España desta a súa primeira longametraxe, na que se aproxima á historia de Matsumi, Mayumi e Masumi, tres mulleres que mergullan diariamente a pulmón en Wagu, un pequeno pobo pesqueiro da península xaponesa de Ise, para arrincar a orella de mar das rocas. As Ama-San practican a pesca de mergullo desde fai máis de 2.000 anos.

Ama-San competía con outras catro películas: Omar y Gloria, de Jimmy Cohen; Le Concours, de Claire Simon; Libera Nos (Liberami) e El futuro perfecto, de Nele Wohlatz.

O XURADO

A neozelandesa Gray, residente en Berlín, é unha recoñecida xornalista freelance e crítica de cine que exerce de programadora e como membro do comité de selección da Semana da Crítica de Berlín. Jake Perlin é director artístico e director de programación na sala Metrograph, en Manhattan (Nova York). Ex crítico de cine de Libération e antigo colaborador de Lles Inrocks, Cahiers du Cinéma e Vogue, Philippe Azoury é na actualidade editor cultural de Grazia.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.