spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaAlumnos e alumnas de Redondela visitan a Estación Fitopatolóxica Areeiro

Alumnos e alumnas de Redondela visitan a Estación Fitopatolóxica Areeiro

alumnos-e-alumnas-de-redondela-visitan-a-estacion-fitopatoloxica-areeiroAlumnos e alumnas de entre 18 e 25 anos unha profesora da especialidade de xardinería do obradoiro de emprego ‘Redondela Emprega Xove’ visitaron a Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA)

Un grupo de oito alumnos e alumnas de entre 18 e 25 anos unha profesora da especialidade de xardinería do obradoiro de emprego ‘Redondela Emprega Xove’ visitaron hoxe a Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA), un centro dependente da Deputación de Pontevedra. O xefe do Servizo, Pedro Mansilla, foi o encargado de explicarlles as características e as áreas de traballo que se desenvolven.

O obradoiro traballa en dúas especialidades, xardinería e tempo libre, e está operativo dende o 29 de setembro de 2015 ata o 29 de marzo de 2016 na finca do Pousadoiro en Redondela.

Os alumnos e alumnas poderán obter, a través desta iniciativa, un certificado de profesionalidade.  No caso do módulo de xardinería traballan en áreas como a preparación de solos, plantacións, mantemento e control fitosanitario. Unha vez rematada a formación os seus integrantes obterán o certificado de aplicador- manipulador de produtos fitosanitarios a nivel cualificado, o que lles permitirá non só o manexo, senón tamén a venda de todos os produtos fitosanitarios.

O xefe de servizo explicou ao grupo que a EFA é un centro de investigación de recoñecido prestixio internacional que leva a cabo labores de formación, investigación e desenvolvemento científico e tecnolóxico. Remarcou que o seu importante labor é coñecido, seguido e agardado pola comunidade investigadora, que considera referente internacional os estudos realizados en Pontevedra e salientou que dende 2007 Areeiro é Unidade Asociada á Misión Biolóxica de Galicia, do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) . Mansilla destacou o grande interese mostrado polos alumnos e alumnas de Redondela polo traballo que está realizando en Areeiro, xa que plantexaron preguntas e diferentes cuestións relativas a diferentes investigacións e tratamentos en materia fitosanitaria, ámbito que centra o traballo da EFA.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.