O alumnado de 2º da ESO do IES Val Miñor que participou esta mañá na xornada medioambiental nos areais de Praia América e Panxón, organizada polo Concello de Nigrán, en colaboración con Cespa e o propio centro, están a ultimar unha exposición sobre o impacto dos plásticos na sociedade (a nivel económico, para as especies mariñas, a saúde humana, etc.), que presentarán o vindeiro 14 de abril no instituto.
A concelleira de Facenda, Raquel Giráldez, e Diego Moreira, o concelleiro de Medio Ambiente, achegáronse ata Praia América para conversar cos rapaces e o profesorado, que valoraron moi positivamente o resultado da actividade.
Os doce grupos de rapazas e rapaces, 57 en total, rastrexaron durante tres horas as praias para localizar residuos mariños, catalogalos e recollelos, co obxectivo de complementar un proxecto en torno aos plásticos, no que levan traballando un mes.




