·Publicidade ·spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaAlcaldes e alcaldesas reclaman melloras no Camiño Portugués da Costa

Alcaldes e alcaldesas reclaman melloras no Camiño Portugués da Costa

Alcaldes e alcaldesas reclaman melloras no Camiño Portugués da CostaO pasado venres a Casa dos Alonso acolleu unha xuntanza na que participaron o alcalde de Baiona, Carlos Gómez; a alcaldesa de Oia, Cristina Correa; a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández e o alcalde da Guarda, Antonio Lomba.

O motivo desta reunión foi o de por en común a situación do Camiño Portugués da Costa na súa entrada en Galicia dende territorio Portugués, tendo en conta que en certas publicacións non se está a fixar o itinerario correcto, o que motiva que boa parte dos peregrinos non circulen pola ruta recoñecida e promovida oficialmente. Tamén abordaron as dificultades que se atopan os peregrinos para cruzar o río Miño e as posibles solucións.

Por este motivo os alcaldes e alcaldesas acordaron a petición dunha xuntanza coa directiva do Xacobeo para transmitirlle a problemática xurdida en relación co Camiño Portugués da Costa, así como a toma de medidas para evitar que non se volten a empregar itinerarios non oficiais en publicacións. Asimesmo solicitaron unha xuntanza da Mesa do Camiño da provincia de Pontevedra para apoiar as súas demandas.

Os acaldes e alcaldesas entenden que o máis urxente e buscar solucións a curto prazo para resolver o problema do transporte de pasaxeiros entre Caminha e A Guarda, para dar continuidade ao Camiño Portugués da Costa no seu paso polo Esteiro do Miño.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies