spot_img
InicioBaixo MiñoAlcaldes e alcaldesas dos 13 concellos que forman o Grupo de Desenvolvemento...

Alcaldes e alcaldesas dos 13 concellos que forman o Grupo de Desenvolvemento Rural GDR14, deron a coñecer as liñas de subvención do Programa Leader 2014-2020

Os alcaldes e alcaldesas dos trece concellos que forman parte do territorio xunto con representantes da Deputación de Pontevedra deron a coñecer de primeira man as peculiaridades do novo Programa LEADER 2014-2020

O Sala de Plenos do concello de Nigrán acolleu onte unha reunión dos máximos representantes das entidades locais do territorio xunto con membros da Deputación de Pontevedra para dar a coñecer a convocatoria de axudas do novo período do LEADER 2014-2020.

O alcalde de Nigrán, Juan A. González Pérez, como anfitrión, foi o encargado de iniciar o acto de difusión do novo Programa LEADER.

comillasA Presidenta do GDR14, Sandra González Alvarez explicou aos asistentes as novas posibilidades do LEADER no territorio

Pola súa banda, a Presidenta do Grupo de Desenvolvemento Rural GDR14 e alcaldesa de Tomiño, Sandra González Alvarez, resaltou as características desta nova etapa onde o grupo xestionará mais de 3 millóns de euros atá o 2020, importe que poderíase ampliar con vistas ao ano 2023. “Ainda que partamos de 3 millóns de euros, a idea es chegar a conseguir preto de 5.800.000 €”, resaltou a alcaldesa.

González, quixo agradecer ao Concello de Mos, que ata hoxe deixase facer as reuións do Grupo nas súas instalacións e indormou que o Concello de Tomiño habilitou un espazo permanente, para que os técnicos poidan reunirse.

A alcaldesa de Tomiño tamén subliñou que “tamén queremos ser un grupo que poida desenvolver outros proxectos europeos, no soamente xestionar o LEADER, sino traballar buscando fondos”, e destacou que é unha axuda moi importante para o emprendedor, calquer pequeno empresario pode solicitala  e para isto, no seu Concello, os técnicos de empleo, son as persoas que poden axudalo.

Nesta presentación o equipo técnico do grupo, salientou as peculiaridades e as diferentes liñas de actuación, facendo fincapé tanto nas actuacións de proxectos produtivos coma non produtivos.

Neste acto tamén se presentou a nova imaxe corporativa da asociación, tendo como relevancia o cambio da denominación social da entidade que foi aprobado a semana pasada pola súa Asemblea Xeral de socios, a cal pasará a denominarse a partir de agora ASOCIACIÓN DE DESENVOLVEMENTO RURAL GALICIA SUROESTE EURURAL.

A difusión do novo Programa LEADER xa está en marcha por todo o territorio do GDR14 formado polos concellos de Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Garda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Tomiño, e Tui.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.