spot_img
InicioBaixo MiñoAlbert Martí e Roi Rodríguez do Kayak Tudense oro na Copa do...

Albert Martí e Roi Rodríguez do Kayak Tudense oro na Copa do Mundo de Hungría

Albert Martí e Roi Rodríguez do Kayak Tudense oro na Copa do Mundo de HungríaA selección española de piragüismo inaugurou onte o seu medalleiro na Copa do Mundo Sprint Szeged 2020 que se disputa en Hungría.

A parella formada polos integrantes do Kayak Tudense Albert Martí e Roi Rodríguez facíase coa vitoria na final de K2 500 masculina, os tudenses cruzaban a liña de chegada por diante da outra embarcación española formada por Pedro Vázquez do Kayak Tudense e Pelayo Roza, recente fichaxe do Fluvial de Lugo, conseguindo así un dobrete para o piragüismo español.

A proba arrincaba ás 12.42 coas dúas embarcacións españolas competindo por cálelas tres e dous nunha das probas máis rápidas da competición. Desde os primeiros metros as dúas piraguas españolas situábanse nos postos de cabeza de carreira, no ecuador da carreira Roza e Vázquez atopábanse en primeiro lugar, foi nos metros finais onde Rodríguez e Martí aumentaron o ritmo para impoñerse aos seus adversarios nun axustado final, con tan só dezasete milésimas de diferenza sobre os asturianos. Tamén varios padeeiros galegos tomaban parte nas distintas finais do día. A canoista pontevedresa Antia Jácome terminaba nun meritorio sexto lugar na final de C1 200 metros. Jácome volverá competir mañá na final de C2 500 xunto a Antía Otero.

Ademais tomaron parte, Lara Feijoo do Kayak Tudense, que realizou un dos maiores esforzos do equipo ao participar en varias probas. A primeira sería na semifinal de K1 200 metros onde quedaba ás portas de clasificarse para a final B. Unha hora máis tarde participaba na final B de K2 500 metros xunto á asturiana Miriam Vega, ambas conseguían un meritorio sexto posto, por último Feijoo competía na modalidade mixta co padeeiro madrileño Enrique Adán, esta vez non pasarían o corte para as finais.

A participación galega pechábase coa clasificación para as semifinais de David Barreiro en C1 500 metros e as dúas finais do Adrián Mosquera na paracanoe, o de Boiro conseguiu un quinto posto na distancia de 500 metros que se suma ao cuarto logrado no día de onte.

- Publicidade -spot_img