O vindeiro domingo 18 de marzo terá lugar no Auditorio do Rosal un novo concerto organizado pola Agrupación Musical do Rosal presenta “Unha Sinfonía de Fábulas”, un concerto pensado para disfrutar en familia que de seguro vai gustar tanto a pequenos como os maiores.
Todas as invitacións que se puxeron a disposición do público esgotáronse, estando o aforo completo para as dúas sesións programadas, para ás 16:30 e ás 18:30 horas.
Ademais da banda de música participará o coro de alumnos da escola de música, formado por 60 nen@s, tamén contan coa colaboración da contacontos Raquel Queizás e dos ilustradores Carlota Leal e Marcos Escudero. Todos eles, baixo a dirección de José Javier Bascoy Iglesias, téñen preparado un programa didáctico e divertido, con repertorio moi interesante que será interpretado por primeira vez pola nosa agrupación.
A obra central do concerto será “Unha Sinfonía de Fábulas” da compositora Julie Guiroux (con guión de Raquel Queizás e Rafa Agulló) baseada en cinco relatos clásicos infantís. Dado que este ano celébrase o centenario do nacemento do gran compositor Leonard Bernstein, tocaran unha das súas xeniais obras, e poran remate ao concerto cunha obra de Teodoro Aparicio-Barberán, na que participarán a banda e os nen@s da escola de maneira conxunta.