spot_img
InicioBaixo MiñoA Agrupación Musical do Rosal presenta "Unha Sinfonía de Fábulas", un concerto...

A Agrupación Musical do Rosal presenta “Unha Sinfonía de Fábulas”, un concerto pensado para disfrutar en familia

O vindeiro domingo 18 de marzo terá lugar no Auditorio do Rosal un novo concerto organizado pola Agrupación Musical do Rosal presenta “Unha Sinfonía de Fábulas”, un concerto pensado para disfrutar en familia que de seguro vai gustar tanto a pequenos como os maiores.

Todas as invitacións que se puxeron a disposición do público esgotáronse, estando o aforo completo para as dúas sesións programadas, para ás 16:30 e ás 18:30 horas.

Ademais da banda de música participará o coro de alumnos da escola de música, formado por 60 nen@s, tamén contan coa colaboración da contacontos Raquel Queizás e dos ilustradores Carlota Leal e Marcos Escudero. Todos eles, baixo a dirección de José Javier Bascoy Iglesias, téñen preparado un programa didáctico e divertido, con repertorio moi interesante que será interpretado por primeira vez pola nosa agrupación.

agrupacion-musical-do-rosal-presenta-unha-sinfonia-fabulas-concerto-pensado-disfrutar-familiaA obra central do concerto será “Unha Sinfonía de Fábulas” da compositora Julie Guiroux (con guión de Raquel Queizás e Rafa Agulló) baseada en cinco relatos clásicos infantís. Dado que este ano celébrase o centenario do nacemento do gran compositor Leonard Bernstein, tocaran unha das súas xeniais obras, e poran remate ao concerto cunha obra de Teodoro Aparicio-Barberán, na que participarán a banda e os nen@s da escola de maneira conxunta.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.