spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPontevedraAfapo celebra os seus vinte anos cunha gala benéfica

Afapo celebra os seus vinte anos cunha gala benéfica

afapo-celebra-os-seus-vinte-anos-cunha-gala-beneficaA gala benéfica, foi conducida pola xornalista Belén Hermida e rematou co concerto do grupo Black Stones, e serviu para render homenaxe aos fundadores de Afapo

Revista Cousas de nº21

Afapo, a asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Pontevedra, celebrou este venres o seu 20 aniversario e fíxoo cunha gala benéfica, conducida pola xornalista Belén Hermida, que finalizou co concerto dos Black Stones. O presidente de Afapo, José Manuel Fontenla, repasou a traxectoria da asociación e puxo en valor o traballo que veñen realizando na comarca pontevedresa á vez que reivindicou a necesidade de contar no novo Montecelo cunha unidade especial para enfermos de alzhéimer.

No transcurso do acto, que se celebrou no auditorio de Afundación, tamén interviñeron o director xeral de Maiores, Antón Acevedo; o presidente da Deputación, Luis López, e a concelleira de Benestar Social de Pontevedra, Anabel Gulías. Todos eles coincidiron en destacar a importancia que teñen colectivos sociais como Afapo para mellorar a calidade de vida dos pacientes e dos seus familiares.

Acompañado pola deputada de Igualdade e Benestar Social, Sandra Bastos, o titular da Deputación explicou diante do público asistente a esta gala benéfica os numerosos puntos en con común que teñen o organismo provincial e a fundación Afapo. “Compartimos o principio municipalista de levar aos concellos da área de traballo os nosos servizos e a nosa atención e compartimos esa filosofía de unir esforzos e colaborar coa nosa contorna para beneficiar á cidadanía”, sinalou Luis López que ve na cooperación entre ambas entidades a “alianza perfecta para mellorar a calidade de vida dos pacientes, achegar os recursos da Deputación ás persoas vulnerables e promover a conciliación da vida persoal e laboral dos familiares dos pacientes e os seus coidadores”. Luis López reiterou o compromiso do goberno provincial de apoiar as actividades e programas que desenvolve a asociación. “Tendemos pontes é ou lema desta Deputación e non tería ningún tipo de sentido que nun extremo desas pontes non estivese Afapo e vos seus usuarios”, afirmou.

Tralos discursos Afapo homenaxeou a catro das súas fundadoras: María José, Lita, Itiziar e Pilar. O broche musical da gala correu a cargo do grupo pontevedrés Black Stones. Ao evento asistiu unha ampla representación política, social e empresarial de Pontevedra, entre eles, Ana Pastor, Pepa Pardo, María Martínez, Agustín Reguera, Iván Puentes, Ángel Moldes, Manuel Santos ou Arturo Ramírez.

- Publicidade -spot_img