Mondra está o domingo en concerto. Celébrase o III Encontro de Viños da Raia e a Concentración Cabalar
Deporte, concertos, gastronomía, verbenas, espectáculos para público familiar,… forman parte da ampla programación que dende mañá sábado e até o luns terá lugar en Tui nos días grandes das Festas de San Telmo, declaradas de Interese Turístico Galego. O luns será festivo local en Tui.
Concertos
Mondra encabeza os concertos da fin de semana grande de festas. O domingo ás 23 h actuará no Espazo Feiral coa xira “Folía das Ardentes”. Este é un espectáculo de gran formato no que se mestura a percusión tradicional galega e a electrónica e as danzas urbanas. Baixo a dirección artística do bailarín e coreógrafo Daniel Rodríguez, abre unha porta á terra ARDENTE. Sobre o escenario estarán tamén Artur Puga e Julia Sánchez-Biezma, ás percusións; e Sabela Domínguez, Julia Laport, Jandros Rodríguez e Daniel Valde, na danza. Tras o concerto de Mondra actuará Dj Enter.
Tamén no Espazo Feiral estarán mañá sábado, con dobre pase, ás 20 e ás 22 h, o grupo ourensán Gin Toni’s cun directo fresco e divertido no que repasarán boa parte dos éxitos da música española dende os anos 80 até a actualidade. A banda está formada por Andrés Montes, voz principal e guitarra; Toni Fernández, batería; Alfonso Cid,saxo; Christian Juncal, baixo; e Diego Sanjorg, guitarra.
Na carpa da Corredoira mañá sábado ás 21 h actuará La Timba Mullallo, formada por Isidro Betancourt, Rami García, Brais Iriarte, Diego Hermoso, Rober Santos, Pablo Garrido, e Ángel Montes. Reinterpreterán e versionarán dende os éxitos da Vella Trova Cubana ata compositores actuais. No mesmo lugar o domingo ás 21 h será a quenda de D’Crooners Band. O grupo está formado por catro músicos influenciados por artistas icónicos coma Elvis Presley, Tom Jones ou Michael Bublé pero que tamén interpretan temas de bandas coma Pink Floyd, U2 ou Coldplay. Cunha coidada estética ofrecerán un concerto no que transitarán polo pop, o rock&roll, o soul ou o jazz.
O son das bandas de música encherá a carpa da Corredoira este domingo ás 12.30 h coa Unión de Guláns, e ás 18 h coa Banda de Música Popular de Tui. Mentres o luns ás 12.30 h será a quenda da Banda de Música Xuvenil de Tui e ás 18 h, da banda de música da Escola Naval Militar de Marín.
Verbenas
As verbenas da fin de semana correrán a cargo mañá sábado de Claxxon, que se trasladou da rúa Compostela ao Espazo Feiral, onde fará dous pases ás 21 h e ás 00 h. Na rúa Compostela o domingo amenizará a festa a orquestra Los Players con actuacións ás 19 h e ás 00 h e o luns o grupo América actuará ás 19 h e ás 23.30 h.
Gastronomía
A gastronomía está moi presente tamén nas festas. Mañá sábado e o domingo de 12 a 16 h e de 20 a 23 h no interior do edificio da praza da Inmaculada celébrase o III Encontro de Viños da Raia. Participarán as das adegas Corisca de Tui, Edmun do Val de Valença, Do Vimbio de Tomiño, Sergio Álvarez do Rosal, Xesteiro do Rosal, Do Ricón de Arbo, Pateira do Rosal, Jorge Marcote do Rosal, Marcio Lopez de Melgaço, e ,e María Bargiela de Salvaterra, que presentarán os seus viños brancos, tintos e espumosos. O prezo será dende 2,5€ a copa. Amais haberá petiscos con Almacén Urbano, Emma Tapas&Brunch e Vionkas Bake.
Por outra parte en Casa Pote, El Molino, Emma Tapas&Brunch, La de Manu, O Novo Cabalo Furado e o Parador de Tui, continúa a Festa do Meixón. Previa reserva nestes establecemento pode degustarse a tapa de meixón a un prezo de 85€.
E no Recinto Feiral abrirán de novo esta fin de semana os postos gastronómicos das asociacións culturais A Insua de Caldelas, Cristo da Agonía de Baldráns, Darraia de Tui, Laxes de Paramos, O Mosteiro de Pexegueiro, a Banda de Gaitas San Xoán de Paramos, San Fins de Rebordáns, e San Roque e San Bartolomeu que ofrecerán bocadillos, pratos caseiros, sobremesas e bebidas.
Pasarrúas, espectáculos para público familiar e desfile de traxes tradicionais
As rúas de Tui contarán coa actuación das charangas Cantos Somos (sábado ás 12 h e ás 20 h) e A Tu Rimo (domingo ás 17 h), Barafund con “Os repoludos” (domingo ás 18 h), Troula con “Polis Tolos” (domingo ás 19 h) e con “Steampunk” (luns ás 19.30 h). Continúan tamén os espectáculos para público familiar na carpa da Corredoira mañá sábado ás 18 h con O Show de Fifo con “Soño”. O grupo de gaitas Santa Columba de Ribadelouro actuará acompañado polos Xigantes e Cabezudos o luns ás 17 h na praza da Inmaculada.
O domingo ás 12.30 h sairá dende a Glorieta de Vigo o desfile exhaltación do traxe tradicional que realizará un percorrido até a praza de San Fernando. Está organizado pola Asociación do Traxe Tradicional de Tui.
Deporte
No eido deportivo mañá sábado celébrase a Carreira Popular e Solidaria de San Telmo, organizada polo Club Atletismo Tui e o Concello de Tui, na que hai inscritas preto de 700 persoa dende os 3 anos até veteranos. A cita será a partir das 11 h na Corredoira. O deporte estará tamén presente o domingo coa Andaina de San Telmo, que realiza Anda Tui, con saída ás 10 h dende a praza da Inmaculada para realizar un percorrido urbano no que están inscritas preto de 40 persoas. E durante tres días celebrarase este ano a Concentración Cabalar de San Telmo en San Bartolomeu. Comeza mañá sábado co Concurso Salto Hípico San Telmo, contará co destacado espectáculo internacional de Daniel da Fonseca o domingo ás 19.30 h e o luns ás 14 e ás 19.30 h, así coma coa Copa San Telmo de Horsball, concurso de salto, exhibición de enganche, labranza, andadura galega, xincanas ou o luns a actividade de compra venda de gando cabalar. Non faltará o poni club o domingo de 17 a 19 h e o luns de 11 a 13 h, e haberá premios especiais para os mellores xinetes, amazonas, carruaxes…
Exposicións
Na Sala de Exposicións Municipal, no edificio Francisco Sánchez, pode visitarse a exposición de Fotografía Antiga de Tui que este ano está centrada na música e no deporte. Abre mañá sábado, o domingo e o luns de 12 a 14 h e de 17 a 21 h.
Mentres na Oficina de Turismo pode está a exposición Gyotaku de Mari Carmen Ramírez e Rocío Grandal.
Procesión e fogos piromusicais
O luns, 8 de abril, Luns de San Telmo e festivo local en Tui ás 21h celebrarase a solemne procesión de San Telmo, a máis numerosas de cantas se celebran na contorna tanto polo número de imaxes que participan xunto á de San Telmo, xa que acoden das distintas parroquias tudenses así como de Valença, como tamén polo número de persoas que participan na mesma ou que ateigan as rúas de Tui para ver o seu paso. Ao remate do percorrido polas rúas do centro urbano na praza da San Fernando terá lugar a ofrenda a San Telmo, e ao remate a tirada de fogos piromusicais dende os xardíns de Troncoso.
Previamente pola mañá celebrarase ás 10.30 h na Catedral a misa na honra a San Telmo e procesión das Reliquias pola Coronilla.
Sábado 6
- 00h – 13.30h Dende a Corredoira, saída e chegada da Carreira Popular. Club Atletismo Tui
- 00h – 14.00h Nas rúas de Tui, actuación da Charanga Cantos Somos.
- 00 – 16.00 e de 20.00 a 23.00 h no interior do edificio da praza da Inmaculada celébrase o III Encontro de Viños da Raia.
- 16:00h – Concurso de Salto Hípico San Telmo en En San Bartolomeu, tradicional Concentración Cabalar de San Telmo.
- 00h – 19.00h Na Carpa da Corredoira, actuación O Show de Fifocon “Soño”.
- 00h – 22.00h Nas rúas de Tui, actuación da Charanga Cantos Somos.
- 00h – 21.00h No Espazo Feiral, verbena con Gin Toni’s
- 00h – 22.00h No Espazo Feiral, verbena con Claxxon.
- 00h – 22.30h Na Carpa da Corredoira, actuación de La Timba Mullallo
- 00h – 0.00h No Espazo Feiral, verbena con Gin Toni’s
- 00h – 02.00h No Espazo Feiral verbena con Claxxon.
Domingo 7
- 00h – 13.30h Dende a praza da Inmaculada, saída e chegada da Andaina Popular. Club Deportivo Andatui – Rego da Pedra
- 00h – 18.00h En San Bartolomeu, tradicional Concentración Cabalar de San Telmo.
- 00 – 16.00 e de 20.00 a 23.00 h no interior do edificio da praza da Inmaculada celébrase o III Encontro de Viños da Raia.
- 30h – 13.00h Dende a Glorieta de Vigo ata a praza de San Fernando, desfile exaltación do traxe tradicionala cargo da Asociación do Traxe Tradicional de Tui.
- 30h – 13.30h Na Carpa da Corredoira, actuación da Banda de Música Unión de Guláns.
- 00h – 18.00h Nas rúas de Tui, actuación da Charanga A tu Ritmo.
- 00h – 19.00h Na Carpa da Corredoira, actuación da Banda de Musica Popular de Tui.
- 00 – 19.00 h Na Corredoira, pasarrúas con “Os repoludos” deBarafunda
- 00h – 20.00h Na Corredoira, pasarrúas con “Polis Tolos” deTroula
- 00h – 21.00h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Los Players.
- 00h – 22.00h Nas rúas de Tui, actuación da Charanga A tu Ritmo.
- 00h – 23.00h Na Carpa da Corredoira, actuación do grupo D’Crooners Band.
- 00h – 0.00h No Espazo Feiral, actuación de Mondra
- 00h – 01.00h No Espazo Feiral, actuación de Dj Enter
- 00h – 01.00h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Los Players.
Luns 8
- 08.00h – 14.00h En San Bartolomeu, tradicional Concentración Cabalar de San Telmo.
- 10.30h – 12.00h Na a S.I. Catedral Misa na Honra a San Telmo e Procesión pola Coronilla.
- 12.30h – 13.30h Na Carpa da Corredoira, concerto da Banda Xuvenil de Tui.
- 17.00h – 19.00h Na praza da Inmaculada, Xigantes e Cabezudos co grupo de gaitas Santa Columba de Ribadelouro.
- 18.00h – 19.00h Na Carpa da Corredoira, concerto da Banda de Música da Escola Naval Militar Marín.
- 19.00h – 20.00h Dende a Glorieta de Vigo ata a praza de San Telmo, entrada da Banda de Guerra e Guión da BRILAT e a continuación, homenaxe aos confrades de San Telmo falecidos.
- 19.00h – 21.00h Na rúa Compostela verbena co Grupo América.
- 19.30h – 20.30h Na Corredoira, pasarrúas con “Steampunk” de Troula
- 21.00h – 22.10h Dende a S.I. Catedral e polas rúas de Tui, solemne Procesión de San Telmo.
- 22.10h – 22.30h Na praza de San Fernando, a ofrenda a San Telmo.
- 22.30h – 23.00h Dende a praza do Concello ata a praza da Inmaculada, desfile despedida das agrupación musicais participantes na solemne Procesión de San Telmo.
- 23.15h – 23.30h Dende os Xardíns de Troncoso, tirada de Fogos Piromusicais.
- 23.30h – 00.30h Na rúa Compostela, verbena co Grupo América.