spot_img
InicioVal MiñorBaionaAdega Queimada lévase o premio ao máis popular da V Edición Baiona...

Adega Queimada lévase o premio ao máis popular da V Edición Baiona D’Pintxos

adega-queimada-levase-o-premio-ao-mais-popular-da-v-edicion-baiona-dpintxos

A ‘Tosta de solomillo de xabaril, hongo, rulito y berro’ da Adega Queimada, proclamouse o Pintxo máis Popular, da 5ª edición de Baiona D’Pintxos.

Onte celebrouse no Salón de Plenos do Concello de Baiona a entrega de premios da 5ª edición de ‘Baiona d’pintxos’, que se celebrou desde o 10 de novembro ao 1 de decembro, e que foi organizada un ano máis pola Concellería de Turismo do Concello de Baiona e Aceba, contando co patrocinio de Mahou.

Un dos responsables da Adega Queimada, recolleu o galardón que lles acredita, entre os participantes no concurso, como os creadores do ¡Pintxo máis popular’. A’Tosta de solombo de xabaril, fungo, rulito e berro’ tamén levou o premio ao ‘Mellor pintxo que maride con Cervexa Mahou’, consistente en 300 euros, que foi outorgado polo patrocinador.

Así mesmo recibiron o 2º e 3º premio aos pintxos máis votados, o Bosque de Outono da Crep e o Rock n’ Roll da Micro, respectivamente. A gañadora do primeiro concurso de fotografía ‘Baiona d’Pintxos Mahou foi Vitoria Lvova, que recolleu de mans de Olegario Lago, representante de Mahou, un vale por valor de 200 €.

Tamén recolleron os seus premios, os consumidores agraciados no sorteo dos 18 agasallos achegados polos locais, e a gañadora da televisión de 49 polgadas Curvo Smart, Carla Carneiro.

Beatriz González, concelleira de Turismo, foi a encargada de dar os nomes dos gañadores, e agradeceu aos locais e consumidores a súa implicación e participación, a Aceba e a Cervexa Mahou, como patrocinador do evento, destacando que nesta edición servíronse ao redor de 11.000 pintxos.

Tamén sinalou que o obxectivo deste concurso, do mesmo xeito que outros eventos que se organizan desde o Concello, é dinamizar o sector hostaleiro en tempada baixa, ofrecendo un produto de calidade a prezos alcanzables, ofrecendo ao visitante unha actividade complementaria baseada na gastronomía, e tamén como medio de promoción non só de Baiona como destino senón “dos locais tan estupendos que temos”.

Por parte de Aceba, o seu presidente, Marcos Comesaña, agradeceu a colaboración do Concello por dar continuidade a este tipo de eventos “que axudan a dinamizar o sector”, así como aos locais, “que cada ano esforzádesvos máis para que os pintxos sexan de máis calidade”, aos participantes que consumiron os aperitivos e a Mahou. “Esperamos que o obxectivo de Baiona d’pintxos cumpriuse e continuar mellorando en próximas edicións”.

Na intervención que realizou o alcalde, Ángel Rodal, valorou a realización deste tipo de iniciativas, que favorecen á desestacionalización neste período do ano, agradecendo aos 18 locais participantes e aos consumidores, e felicitando aos premiados.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.