spot_img
InicioVal MiñorGondomarActo conmemorativo do cincuenta aniverasio do falecemento de Victoriano Taibo, na aula...

Acto conmemorativo do cincuenta aniverasio do falecemento de Victoriano Taibo, na aula Ponte de Rosas de Gondomar

acto-conmemorativo-do-cincuenta-aniverasio-do-falecemento-de-victoriano-taibo-na-aula-ponte-de-rosas-de-gondomar

Hai cincuenta anos, o día 13 de marzo de 1966, falecía en Vigo Victoriano Taibo, poeta da Fala, que tanto agarimo, dedicación, entusiasmo e ben facer lles dedicou á nosa lingua e á nosa literatura.

O Instituto de Estudos Miñoráns convídavos ao acto conmemorativo desta efeméride, que aproveitaremos, ademais, para dar noticia do proxecto de publicación dunha nova obra que o mestre de Morgadáns deixou inédita: Contos Pequenos. Trátase dun opúsculo que lle regalou a Hixinio, fillo dos seus amigos Antón Beiras e Antía Cal, cun motivo entrañable. A familia do oftalmólogo e a pedagoga decidira ter como lingua doméstica o galego, pero atopábanse con que non había material para que os nenos aprendesen adecuadamente. E Taibo, amigo, mestre e escritor, quixo pór á súa disposición un anaco dese material en forma de contos populares sublimados pola súa pluma, coidadosamente manuscritos e encadernados, con debuxos dun seu amigo chamado Rial.

Participarán no acto Xesús Alonso Montero, Gonzalo Navaza, Camiño Noia e Armando Requeixo. Gustaríanos contar coa vosa asistencia a este acto que pretende ser, tamén, reivindicativo da concesión dun Día das Letras Galegas a un ilustre académico, lingüista, narrador e poeta, o único da tétrade das Irmandades da Fala (Cabanillas, Noriega Varela, López Abente e Taibo) que non obtivo tal distinción. No mesmo acto será convocado o IX Premio de Poesía Victoriano Taibo, rescatado da súa máis que posible extinción polo concello de Gondomar, que asume integramente a dotación do premio e os demais gastos de xestión.

Con este acto gustaríanos chegar ao maior número de persoas posibles para reivindicar o escritor Taibo, para a consolidación do premio de poesía que leva o seu nome e para a publicación.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.