spot_img
InicioVal MiñorBaionaHumanización da Travesía de Sabaris en Baiona. A Xunta licitará este ano...

Humanización da Travesía de Sabaris en Baiona. A Xunta licitará este ano por máis dun millón de euros as obras que a completarán

humanizacion-da-travesia-de-sabaris-en-baiona-a-xunta-licitara-este-ano-por-mais-dun-millon-de-euros-as-obras-que-a-completaran

A Xunta de Galicia licitará leste mesmo ano as obras que permitirán completar a humanización e mellora da Travesía de Sabarís no Concello de Baiona. Así o reiterou esta mañá a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, durante unha visita ao concello, na que estivo acompañada polo alcalde, Angel Manuel Rodal Almuíña.

A Conselleira aproveitou a súa visita en Baiona para coñecer en primeira persoa o resultado das obras de humanización da da rúa Areas na parroquia de Santa Cristina da Ramallosa.

Con esta humanización solucionáronse as deficiencias existentes en redes hidráulicas coa construción de saneamento separativo, así como bombas de achique para facilitar o desaloxo de augas pluviais e fecais cando as circunstancias así o requiran. Todos os traballos en tubaxes e acometidas están terminados.

Pavimentáronse en pedra as beirarrúas e as súas dimensións oscilan entre 1,80 e 3,60 metros de ancho.

O deseño das beirarrúas, bordos, accesos a edificios, etc., realizarase de modo que non se produzan barreiras arquitectónicas que dificulten ou fagan perigosa a circulación de persoas con minusvalías físicas. O concelleiro de accesibilidade de Baiona, Policarpo Vilar, seguiu moi de preto as obras e estivo coa empresa construtora supervisando todo en materia de accesibilidade.

humanizacion-da-travesia-de-sabaris-en-baiona-a-xunta-licitara-este-ano-por-mais-dun-millon-de-euros-as-obras-que-a-completaran

Ademais, a obra contempla 66 prazas de aparcadoiro en formigón, dous delas adaptadas; oito pasos de peóns, 33 puntos de luz, 18 pérgolas, ou zonas verdes entre outros elementos urbanos; ademais do aglomerado do viario.

Os traballos abarcan a adecuación da rúa Areas, desde a glorieta Santos Peralba ata o cruzamento coa avenida da praia Ladeira, en total 450 metros. Tamén se realizou unha comunicación peonil no cruzamento da rúa Areas coa avenida da Praia Ladeira, coa finalidade de crear unha conexión segura coa praia desde o tecido urbano. Procedeuse á reordenación do tráfico rodado e peonil a un só nivel, coa eliminación de barreiras arquitectónicas, creando unha banda de circulación nun só sentido e outra banda funcional, que aloxará todo o paquete de equipamentos urbanos. O resto da sección de rúa estrutúrase como unha plataforma peonil na que se incorporan novos elementos de mobiliario urbano, bancos, arborizada, iluminación e xardinería.

Reorganizouse todo o tráfico ao longo da rúa áreas nun único sentido, cara a Vigo, e en todo a zona da recta pintáronse aparcadoiros en horizontal, aumentando significativamente as prazas de aparcadoiro próximas á praia Ladeira.

“Trátase dunha gran obra importante para a parroquia de Santa Cristina da Ramallosa, que con este fin de obra xa ten 1.500 metros humanizados e aos que se sumarán en breve outros 600. A rúa quedou completamente renovada tanto no seu parte visible como por baixo, unha parte moi importante pois se renovaron todas as pluviais, rede de sumidoiros, seneamiento. En Baiona xa contamos cunha nova rúa da que gozar, se bonita é a rúa de día convídolles a que pasean por ela de noite pois a ilumanición da que foi dotada convértea nun boluvar no que gozar dun agradable paseo”, concluíu Rodal.

En relación á futura actuación na parroquia o alcalde declarou que “Con esta nova actuación, mellorarase a contorna da Praza Vitoria Cadaval, unha zona central desta travesía e lugar que acolle un dos mercados máis antigos de Galicia, polo que estamos moi contentos de que leve a cabo esta petición que trasladei persoalmente fai non moito á Conselleira. Mato comprometeuse aquel día e hoxe ratifícanos o seu compromiso con Baiona”.

humanizacion-da-travesia-de-sabaris-en-baiona-a-xunta-licitara-este-ano-por-mais-dun-millon-de-euros-as-obras-que-a-completaran

A conselleira lembrou que esta nova actuación, a terceira que executará o Goberno galego para mellorar o estado desta rúa, implica un investimento de máis dun millón de euros, que se suman ao orzamento de 1,8 millóns de euros para as obras da Rúa das Area, que practicamente están finalizadas; e para as executadas en 2012 na rúa Julián Valverde.

Con esta terceira fase, mellorarase a contorna da Praza Vitoria Cadaval, unha zona central desta travesía e pecharse a humanización desta zona do concello de Baiona, ao unir a Avenida de Julián Valverde -tramo humanizado grazas ás obras da primeira fase- e os traballos que se concentraron na rúa Areas, visitada esta mañá.

Esta nova actuación, do mesmo xeito que as anteriores, está enmarcada dentro do Plan hUrbe, un programa posto en marcha polo Goberno galego en 2010 e que busca un triplo obxectivo: fomentar a humanización das vilas de Galicia; favorecer a cooperación da Administración autonómica e os concellos; e promover o reequilibrio territorial na nosa Comunidade. Ao longo destes anos facilitou a execución de 105 actuacións en 67 concellos e mobilizou un total de 112 millóns de euros, dos cales un 40% destináronse á provincia de Pontevedra, é dicir, máis de 43 millóns de euros.

Trátase dunha firme aposta pola humanización e mellora dos contornos urbanos ,que contribúe ao benestar dos veciños, incrementando a habitabilidade, a comodidades e a sensacións de comunidade; á vez que se fomenta a colaboración entre a Xunta e os concellos, para poder ofrecer mellores servizos e recursos aos cidadáns.

A conselleira manifestou que os bos resultados deste Plan animaron ao Goberno galego a facer un novo esforzo, polo que no exercicio de 2016 consignouse unha partida de 6 millóns de euros.

humanizacion-da-travesia-de-sabaris-en-baiona-a-xunta-licitara-este-ano-por-mais-dun-millon-de-euros-as-obras-que-a-completaran

 

 

- Publicidade -spot_img