spot_img
InicioBaixo MiñoAbertas as inscricións para participar na III San Silvestre do Rosal

Abertas as inscricións para participar na III San Silvestre do Rosal

cartel-san-silvestre-2016-copiarA III San Silvestre do Rosal realizarase o día 31 de decembro e será organizada polo Concello en estreita colaboración co comercio local.

O motivo da realización desta actividade xurde como unha actividade máis dentro da programación de Nadal que fundamentalmente ten un obxectivo non competitivo senón unha xuntanza familiar de tódalas persoas e tódalas idades posibles.

O percorrido realizarase polo casco urbano do Rosal cun total de 5.142 mts no caso da carreira e de 2.400 mts no caso das persoas que prefiren realizala camiñando xunto cos pais, nais, avós, avoas, nenos e nenas.

A entrega de dorsais efectuarase no momento de pago da cota de inscrición.

A saída será ás 11.00 para a carreira de 5km e a continuación sairá a de 2.400m para aqueles que decidan facela camiñando. Ó finalizar, os participantes poderán tomar un chocolate quente mentres se realizan o sorteo dos premios. Así mesmo, o premiado deberá estar presente para recibir o premio, senón sortearase novamente. Os produtos ou servizos sorteados serán cedidos polo comercio do Rosal que colabora activamente nesta iniciativa

As inscricións da San Silvestre do Rosal realizaranse no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal. 986625000.

A hora de inicio será ás 11.00 e a terminación aproximadamente será ás 13.00 horas.

Poderán participar todas as persoas que o desexen e sen límite de idade. Os vehículos a utilizar serán os propios da Policía Local do Rosal e a ambulancia. Non haberá paradas técnicas xa que o percorrido é moi pequeno.

Os rapaces de 0 a 5 anos recibirán todos un agasallo.

Non existen premios ós participantes que acaden en primeiro lugar a meta, senón que se premiará á participación seguindo as seguintes categorías para efectuar o sorteo dos premios.

Categoría Infantil : de 0 a 14 anos

l De 0 a 5 anos (non participan no sorteo)

l De 6 a 10 anos

l De 11 a 14 anos

 

Categoría Xuvenil – Adulto:

l De 15 a 20

l De 21 en adiante.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.