spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPontevedraAbel Losada anima aos concellos da provincia a solicitar as axudas do...

Abel Losada anima aos concellos da provincia a solicitar as axudas do Ministerio de Cultura para a modernización de bibliotecas municipais

abel-losada-anima-aos-concellos-da-provincia-a-solicitar-as-axudas-do-ministerio-de-cultura-para-a-modernizacion-de-bibliotecas-municipaisAs subvencións poderán ser destinadas á compra e instalación de equipamento tecnolóxico, mobiliario, sistemas de climatización e á mellora da eficiencia enerxética e poden participar nesta convocatoria 59 dos 61 municipios da provincia

Revista Cousas De Nº22

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, animou aos concellos da provincia cunha poboación inferior a 50.000 habitantes a solicitar as subvencións en réxime de concorrencia competitiva, que por primeira vez vén de convocar o Ministerio de Cultura, para facer máis modernas e sostibles as bibliotecas públicas municipais. Baixo estas condicións, poden optar a este programa todos os municipios pontevedreses que teñan unha biblioteca municipal, agás Vigo e Pontevedra, que superan a poboación.

Losada informou de que as axudas poderán ser destinadas á compra e instalación de equipamento tecnolóxico, mobiliario, sistemas de climatización e á mellora da eficiencia enerxética. Os criterios de valoración priorizarán os municipios con menor poboación. Ademais, poñerase unha énfase especial nas propostas que incorporen elementos que faciliten o acceso e a comodidade de persoas maiores, con discapacidade ou con mobilidade reducida.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o día 25 de setembro a través da sede electrónica do Ministerio.

Acceso á cultura no ámbito rural

O subdelegado do Goberno subliñou que o obxectivo xeral desta nova liña de axudas do Ministerio de Cultura é reforzar o acceso á lectura e a participación da cidadanía na cultura no ámbito rural. Así, enmárcase nos obxectivos fixados polo Pleno do Consello de Cooperación Bibliotecaria para o Plan Estratéxico 2024-2028, enfocado na sustentabilidade, a accesibilidade, a innovación tecnolóxica e a profesionalización do sector bibliotecario. Precisamente, a primeira liña estratéxica deste cuarto plan é promover a sustentabilidade e a accesibilidade universal nas bibliotecas e incrementar o acceso a bibliotecas e servizos bibliotecarios.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.