spot_img
InicioBaixo MiñoA XXXIII Gala Nacional do Piragüismo premiará ao Kaiak Tudense e ao...

A XXXIII Gala Nacional do Piragüismo premiará ao Kaiak Tudense e ao Club As Torres

kayak tudense

A gala nacional que se celebrará en Madrid a finais de xaneiro premiará os resultados dos clubs durante a tempada 2015.

O Club Kaiak Tudense recibirá tres galardons que o reafirman como o club referente en España da categoría senior.

Ao termo desta tempada os Tudenses conseguen o segundo posto na XIV Liga de Sprint Olímpico “Hernando Quella” 2015 por detrás dos andaluces do Club Náutico Sevilla, a terceira posición ocupouna o Club Escola de Piragüismo Aranxuez.

Ademais o Club Kaiak Tudense logrou o dobrete ao conseguir gañar a Copa S. M. o Rei senior e a Copa S. M a Raíña – senior 2015, ambos os títulos confirman o bo traballo que están a realizar nesta categoría e confírmaos como a gran potencia do piragüismo nacional en categoría senior.

A estes títulos colectivos súmanselle os resultados individuais dos seus deportistas deste ano. Óscar Carreira conseguía en agosto a clasificación para os JJOO de Río 2016 no K4 1000, Roi Rodríguez lograba en xullo a medalla de ouro no K1000m do mundial sub 23 e Rubén Millán e Gabriel Campo conseguían a novena posición no K2 1000m do mundial celebrado en Milán.

xxxiii-gala-nacional-do-piraguismo-premiara-ao-kaiak-tudense-e-ao-club-as-torres

O outro club galego que vai recoller un premio nesta gala o Club Piragüismo As Torres que logra a segunda posición na XIV Liga Novas Promesas – de augas tranquilas 2015, por detrás dos andaluces do Club Náutico Sevilla, a terceira praza foi para o Club Escola de Piragüismo Aranxuez.

Os de Catoira volven ao podio desta liga despois de 5 anos, naquela ocasión tamén lograsen a segunda posición por detrás do Club Escola de Piragüismo Aranxuez.

O Club Piragüismo Copacabana que terminou en terceira posición na XVII Liga de Kaiak-Polo 2015 por detrás do Club Alaquás Kaiak Polo que foi primeiro, a segunda posición conseguiuna o Club Vallehermoso-Retiro. Os de Ferrol melloran o quinto posto que obtivo na tempada pasada.

Os monfortinos do Club Piragüismo Quixos recibirán o trofeo pola súa terceira posición na X Liga de Descenso de Augas Bravas 2015, a primeira praza é para o Sicoris Club, a S.D. Santiagotarrak foi segunda.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.