spot_img
InicioVal MiñorBaionaO "Luna Nueva" patroneado por Juan Luís Tuero vence na terceira xornada...

O “Luna Nueva” patroneado por Juan Luís Tuero vence na terceira xornada da liga SabadellGallego Clase J80

terceira-xornada-da-liga-sabadellgallego-clase-j80
Luna Nueva de Juan Luis Tuero en primeira posición

Xornada complicada esta tarde en Baiona para a celebración da terceira xornada da liga SabadellGallego Clase J80 organizada polo Monte Real Club de Yates. O escaso vento que soprou na baía de Baiona, de apenas 6 nós, dificultou a navegación dos monotipos e impediu que se celebrasen as tres probas inicialmente previstas. O comité de regata unicamente puido dar saída a dúas mangas, e viuse, ademais, obrigado a acurtar a segunda tras unha caída do vento.

Con Juan Luís Tuero á cana, o “Luna Nueva” foi o barco que mellores resultados obtivo. Logrou un segundo e un primeiro posto, que lle deron a vitoria da xornada e que o manteñen na terceira posición da xeral.

terceira-xornada-da-liga-sabadellgallego-clase-j80
O Virazón segue lider

O Virazón de Miguel Lago, patroneado nesta ocasión por Rui Ramada, conseguiu impoñerse na primeira das probas, pero o quinto posto que obtivo na segunda impediulle revalidar as dúas vitorias conseguidas nas xornadas anteriores.A pesar de todo, segue líder da xeral, seguido polo Alumisel, que hoxe non tivo demasiada sorte na auga. Os de Guillermo Caamaño lograron un sexto e un segundo posto en cada unha das mangas, e quedaron finalmente quintos, por detrás do Pazo de Cea de María Campos e o Ferralemes de Enrique Porto, e por diante do Namasté de Luís de Mira.

terceira-xornada-da-liga-sabadellgallego-clase-j80

Así as cousas, a xornada de hoxe deixa poucos cambios de face ao desenlace da competición, que se producirá o próximo 31 de novembro coa última etapa de probas. O Virazón mantén o seu ouro provisional a certa distancia do Alumisel e o Luna Nueva, que van en segunda e terceira posición separados por apenas un punto. Pechan a clasificación o Pazo de Cea, o Namasté e o Ferralemes.

A liga SabadellGallego Clase J80 está organizada polo Monte Real Club de Yates co patrocinio de SabadellGallego e a colaboración de Vitaldent e a Xunta de Galicia.

- Publicidade -spot_img