spot_img
InicioCondado ParadantaA Xunta declarará BIC o conxunto arquitectónico de Barcia de Mera

A Xunta declarará BIC o conxunto arquitectónico de Barcia de Mera

A Xunta declarará BIC o conxunto arquitectónico de Barcia de MeraO conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, desprazouse ao concello de Covelo para visitar a Reitoral da parroquia de San Martiño de Barcia de Mera e anunciar o inicio dos trámites para a súa declaración como Ben de Interese Cultural (BIC) polo seu especial interese para o patrimonio cultural de Galicia. 

Revista COUSAS DE Nº15

Segundo avanzou o conselleiro, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta ten listo para publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución de incoación da declaración BIC deste conxunto parroquial, con categoría de monumento, e deste xeito “recoñecer o seu valor histórico, arquitectónico, artístico e etnolóxico”.

Tal e como explicou, a declaración BIC “é o primeiro paso da folla de ruta” para este conxunto xa que, posteriormente, a Xunta vai participar na redacción do proxecto no que se definan os seus usos e, despois, o Concello poida acollerse ao 1,5% Cultural para acometer a rehabilitación do inmoble.

A declaración abrangue a igrexa parroquial, a casa reitoral, as construcións adxectivas e os espazos vencellados a estas, o adro da igrexa e o igrexario. Tamén se inclúen os bens mobles pertencentes ao conxunto monumental.

No informe elaborado polos técnicos de Patrimonio Cultural destácase que Barcia de Mera é un dos conxuntos barrocos máis excepcionais tanto pola súa calidade artística como arquitectónica.  

De xeito simultáneo ao proceso de incoación como BIC, desenvólvese o procedemento para incluílo no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia e no Catálogo de Patrimonio Cultural de Galicia a efectos de comunicación para a súa anotación no Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural da Administración do Estado.

- Publicidade -spot_img