spot_img
InicioGaliciaA Xunta de Galicia obtén o premio “Fomenta la Bioenergía 2015” polo...

A Xunta de Galicia obtén o premio “Fomenta la Bioenergía 2015” polo seu labor a prol da biomasa forestal

Xunta-Galicia-obtén-premio-Fomenta-Bioenergía-2015-labor-biomasa-forestalO director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, participou hoxe na inauguración da X Feira Internacional Expobiomasa en Valladolid, onde recibiu o galardón “Fomenta la Bioenergía 2015”, outorgado á Xunta de Galicia pola Asociación Española de Valorización Enerxética da Biomasa (Avebiom). A sexta edición deste premio recoñece as accións desenvolvidas polo Goberno galego para potenciar o uso da biomasa en Galicia e xerar emprego, resaltando de modo especial o traballo desempeñado nos últimos anos.

O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, recolle o galardón na inauguración da X Feira Internacional Expobiomasa celebrada en Valladolid, onde resalta a aposta da Xunta por este biocombustible “galego, barato e limpo”

Así, a organización recoñece “o labor de Galicia como referente na planificación e o desenvolvemento da bioenerxía”, realzando as accións que está a impulsar a Xunta para “potenciar a instalación de caldeiras de biomasa que se abastecen cos biocombustibles recollidos e transformados na propia Comunidade, creando emprego e xerando riqueza nas zonas rurais”.

O premio recoñece “o labor de Galicia como referente na planificación e o desenvolvemento da bioenerxía”, realzando as accións que está a impulsar a Xunta para “potenciar a instalación de caldeiras de biomasa que se abastecen cos biocombustibles recollidos e transformados na propia Comunidade”

Neste sentido, Bernardo Tahoces resaltou a aposta do Goberno galego por un combustible “galego, barato e limpo”. Un compromiso que se traduce na Estratexia de Impulso da Biomasa Forestal con fins térmicos que está a impulsar a Xunta co obxectivo de mobilizar 450 millóns ata o 2020 e facilitar a xeración de 1.000 postos de traballo. Deste xeito, explicou, “aspiramos a crear na Comunidade unha auténtica industria da biomasa que nos posibilitará ser líderes a nivel estatal”.

Destaca que esta aposta permite potenciar unha enerxía capaz de reducir a dependencia enerxética dos derivados do petróleo, de mellorar a xestión e o rendemento dos montes, impulsar a eficiencia enerxética e protexer o medio natural

“Temos unha oportunidade económica que permite o aproveitamento de todo o potencial que ofrecen os nosos montes”, subliñou o director xeral, quen lembrou que Galicia conta cunhas características naturais privilexiadas, con abundante materia prima e cunha elevada masa forestal (o 50% de toda España). Neste marco, Bernardo Tahoces resaltou que o desenvolvemento da Estratexia permite o aproveitamento dunha enerxía capaz de reducir a dependencia enerxética de Galicia dos derivados do petróleo, de mellorar a xestión e o rendemento dos montes galegos, de impulsar o aforro e a eficiencia enerxética, e de protexer o medio natural, coa conseguinte redución de emisións de CO2.

Entre as principais medidas que se están a levar a cabo para acadar estes obxectivos, Bernardo Tahoces fixo referencia á liña para a implantación de caldeiras de biomasa, que no seu primeiro ano facilitou a instalación de 400 caldeiras nos fogares galegos, 120 no tecido empresarial da Comunidade, e 80 nas administracións públicas. Cifras que, adiantou, “previsiblemente melloraremos este ano a través dunha nova convocatoria que vimos desenvolvendo”.

Así mesmo, o director xeral salientou que estase a potenciar tamén á orixe e á calidade galega dos pellets e estelas. Neste sentido, sinalou, a marca Galicia Calidade certifica os pellets e estelas producidos a partir da biomasa forestal galega, outorgándolles un selo que garante a trazabilidade e a calidade deste combustible feito en Galicia.

“Deste xeito, non só incluímos á biomasa galega no catálogo de produtos excelentes, senón que garantimos que particulares, empresas e institucións empreguen recursos procedentes do monte galego, procesados de xeito responsable, e coa mellor calidade e potencia calorífica”, incidiu Bernardo Tahoces.

Neste marco, proseguiu o director xeral, a Estratexia posibilita a creación dunha “industria xeradora de riqueza con novas oportunidades de crecemento”. Unha industria, apuntou, que abrangue toda a cadea de valor do produto, que permite crear emprego no rural, e que está en consonancia cos obxectivos da Estratexia de Especialización Intelixente, RIS3, e coa Axenda da Competitividade Industrial Galega, Galicia – Industria 4.0.

- Publicidade -spot_img