Inicio Vigo e área Vigo A Xunta dá un novo paso na recuperación da ETEA para a...

A Xunta dá un novo paso na recuperación da ETEA para a reurbanización e o acondicionamento dos terreos aos novos usos

zona-franca-da-o-visto-e-prace-a-un-acordo-con-xunta-e-universidade-para-desenvolver-na-etea-o-campus-da-cidade-do-marO presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe tras a reunión do Consello un novo paso na recuperación e posta en valor do complexo da antiga ETEA, para implantar o futuro Campus Científico-Tecnolóxico do Mar, tanto do CSIC como da Universidade de Vigo, coa reurbanización e o acondicionamento dos terreos aos novos usos.

“Finalizamos hoxe a última parte da ETEA que é o proxecto sectorial PS-1, co que se actuará en 20.000 metros cadrados”, dixo, subliñando que esta zona terá unha función vertebradora sobre as demais, albergando espazos de uso libre, zonas verdes e conexións tanto interiores como exteriores.

Logo de salientar que, con este paso, as tres áreas sectoriais promovidas pola Xunta xa están aprobadas ou executadas, o titular do Goberno galego precisou que, no que respecta ao PS-1, as actuacións consistirán na reurbanización da Praza de Armas; na reurbanización da Avenida Central para impulsar os percorridos peonís; no acondicionamento da explanada e do espazo lindeiro á praia da Guía, onde se executarán zonas verdes e varios carrís bici; e nas obras de conexión cos sistemas xerais de infraestruturas e servizos básicos.

Ao longo da súa intervención, Feijóo lembrou que no ano 2009, Concello, Zona Franca e Xunta aprobaron un Plan Sectorial de Ordenación que dividía o ámbito en 6 partes e que cada unha delas tiña un contido e alcance distinto e unha promotora. Así, recordou que a Xunta é promotora de tres das seis partes, CSIC e Universidade de Vigo de dúas e o Concello de Vigo de unha.

“É un proxecto estratéxico para Vigo e, en consecuencia, para Galicia por múltiples razóns: primeiro porque vai acoller un campus promovido pola Xunta coa Universidade; en segundo porque será un espazo atractivo e aberto aos barrios populosos de Teis e A Guía; e tamén porque será un revulsivo e un complexo de gran valor cultural e paisaxístico como é a ETEA, que queda aberta ao mar, igual que tamén o barrio de Teis”

Deste xeito, salientou que o investimento total previsto por parte da Xunta no ámbito do PS-1 ascende a 10 millóns de euros, que se veñen a sumar aos 7,7 millóns de euros xa investidos e que posibilitará, unha vez investidos, ter a urbanización interior coas infraestruturas, as vías, o abastecemento e os saneamentos necesarios para que CSIC, Universidade e Concello poidan construír a parte que lle correspondes. Neste sentido, explicou que o PS-2 e PS-3 correspondéndolle ao CSIC e á UVigo e que xa se atopan en tramitación, e que o PS-4, de equipamento deportivo, ao Concello de Vigo, sendo o único que aínda non iniciou ningunha tramitación ambiental.

“É un proxecto estratéxico para Vigo e, en consecuencia, para Galicia por múltiples razóns: primeiro porque vai acoller un campus promovido pola Xunta coa Universidade; en segundo porque será un espazo atractivo e aberto aos barrios populosos de Teis e A Guía; e tamén porque será un revulsivo e un complexo de gran valor cultural e paisaxístico como é a ETEA, que queda aberta ao mar, igual que tamén o barrio de Teis”, concluíu.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies