·Publicidade ·
mobipark
mobipark
InicioGaliciaCompostelaA Xunta concede a Medalla Emilia Pardo á Rede Mulleres Veciñais Contra...

A Xunta concede a Medalla Emilia Pardo á Rede Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo

 A Xunta concede a Medalla Emilia Pardo á Rede Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo
Reunión do xurado das medallas Emilia Pardo Bazán. No Consello Económico e Social (CES).

O Goberno galego recoñece con esta iniciativa por segundo ano consecutivo o labor a favor da igualdade entre homes e mulleres para construír unha sociedade máis igualitaria baseada nos principios de igualdade, xustiza e solidariedade

A Xunta informou este sábado sobre a concesión das Medallas Emilia Pardo Bazán a Megumi Shiozawa (a título póstumo), á Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro) é a Asociación Rede Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo. O Goberno galego recoñece con esta iniciativa por segundo ano consecutivo o labor que as premiadas desenvolven ou desempeñaron a favor da igualdade entre homes e mulleres para construír unha sociedade máis igualitaria baseada nos principios de igualdade, xustiza e solidariedade.

 A Xunta concede a Medalla Emilia Pardo á Rede Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo

Megumi Shiozawa, que recibe a medalla a título póstumo, foi presidenta da Casa Galicia Xapón, axudando a estreitar as relacións entre Galicia e o país nipón. Destacou pola súa traxectoria como muller emprendedora e dinámica. Co seu labor, ademais de servir de canle entre dúas culturas, contribuíu a impulsar o emprendemento feminino, sendo unha pioneira na apertura do mercado de oriente para os galegos e galegas e que intensificou os vínculos entre Xapón e Galicia.

A Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro) naceu no ano 1998 e conta na actualidade con 64 entidades de mulleres rurais asociadas, distribuídas por toda a provincia, o que lle imprime unha base social ampla e variada e se traduce en miles de mulleres beneficiarias das súas actividades. Forma parte do Consello Social Provincial de Ourense e do Consello Galego de Benestar.

A Asociación Rede Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo, pola súa banda, atende as demandas cotiás das mulleres, prestándolle apoio e asesoramento de xeito directo, especialmente mediante a intervención directa coas mulleres vítimas de violencia de xénero, poñendo o foco na importancia do acompañamento social das mulleres vítimas de violencia de xénero e na súa recuperación psicosocial e laboral.

Trátase da segunda edición destes galardóns que a Xunta creou en 2019 para o recoñecemento de accións relevantes a favor da igualdade entre mulleres e homes. Poden ser destinatarias das medallas persoas ou colectivos, entidades ou institucións de carácter público e privado que coa súa traxectoria ou labor contribúan no desenvolvemento na nosa comunidade de accións relevantes neste ámbito. Cada ano outórganse tres condecoracións, todas elas de carácter exclusivamente honorífico.

 A Xunta concede a Medalla Emilia Pardo á Rede Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo

Coas Medallas Emilia Pardo Bazán outórgase un recoñecemento público ás medidas desenvolvidas en Galicia en prol da igualdade efectiva. A concesión das mesmas axuda á sensibilización social, á visibilización dos talentos e das capacidades das mulleres e para que se recoñeza a traxectoria vital e profesional de persoas e entidades comprometidas con erradicar as discriminacións de xénero e coa construción dunha sociedade máis igualitaria.

Estes galardóns levan o nome de Emilia Pardo Bazán por tratarse dunha precursora nas ideas acerca dos dereitos das mulleres e do feminismo e polo seu carácter reivindicativo da educación das mulleres, tendo incorporado en todas as súas obras ideas sobre a modernización da sociedade e o acceso das mulleres aos mesmos dereitos e oportunidades que tiñan os homes na súa época.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies