spot_img
InicioO SalnésA Xunta colaborará co concello de Meaño para o acondicionamento da escola...

A Xunta colaborará co concello de Meaño para o acondicionamento da escola infantil municipal de 56 prazas

Xunta-colaborará-concello-Meaño-acondicionamento-escola-infantil-municipal-56-prazas

A Consellería de Traballo e Benestar investirá 18.000 euros no acondicionamento da escola infantil municipal do Concello de Meaño que ofertará un total de 56 prazas de 0-3 anos ao longo do curso escolar 2015-2016.

O departamento autonómico investirá 18.000 euros na adecuación das instalacións

A titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, vén de asinar un convenio de colaboración coa alcaldesa de Meaño, María Lourdes Ucha, para este fin.

Mato resaltou que a colaboración cos concellos na posta en marcha de novas prazas para nenos e nenas de entre 0 e 3 anos é un esforzo do Goberno galego para mellorar a conciliación laboral e familiar das familias galegas

Mato lembrou que a colaboración cos concellos para a posta en marcha de novas prazas para nenos e nenas de entre 0 e 3 anos inscríbese no esforzo do Goberno galego por mellorar a conciliación das familias galegas. Segundo os expertos na materia, este tipo de recursos son un dos criterios que máis valoran os pais e nais á hora de ter fillos. De aí que sexa un dos eixos estratéxicos do Plan de dinamización demográfica de Galicia, apuntou Mato.

A conselleira tamén salientou que a Xunta está a aumentar as prazas de 0-3 anos desde o ano 2009. Neste senso, apuntou o incremento continuado da oferta 0-3 que a Consellería vén mantendo dende 2009 permite ofertar para o próximo curso 2015/2016 un total de 9.294 prazas na rede autonómica A Galiña Azul, en 159 escolas infantís distribuídas por toda Galicia. Esa cifra supón un 70% de incremento dende 2009 na comunidade e próximo ao 100% na provincia de Pontevedra, onde se crearon máis de 1.200 prazas.Con estas cifras, Galicia acada por primeira vez a ratio de 33 prazas públicas por cada 100 nenos en idade de acceso a unha escola infantil que recomenda a Unión Europea.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.