spot_img
InicioAlto MinhoA Xunta aposta pola creación dunha ruta fluvial no Miño para potenciar...

A Xunta aposta pola creación dunha ruta fluvial no Miño para potenciar o río como destino turístico navegable

A Xunta aposta pola creación dunha ruta fluvial no Miño para potenciar o río como destino turístico navegable

O peirao de embarque de Salvaterra do Miño foi o escenario de presentación da ruta fluvial do rio Miñoo que contará cunha embarcación turística para operar nas duas Eurocidades, Tui-Valença e Monção-Salvaterra

O acto contou coa presenza do Vice-Presidente da Junta da Galiza, Alfonso Rueda, do Presidente da Câmara de Valença, José Carpinteira, do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da Alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel Gómez e do Presidente da Câmara Municipal de Monção, António Barbosa.

“Río Miño, un destino navegable” ten como obxectivo desenvolver o potencial turístico da Eurorrexión coa mellora da navegabilidade do río, a creación da ruta fluvial e a disposición de medios de transporte fluviais e terrestres, entre outras iniciativas

O obxectivo desta iniciativa é crear unha ruta fluvial mellorando a navegabilidade do río Miño para así mellorar tamén a conectividade da Eurorrexión e a interrelación entre a súa veciñanza, á vez que se ofrece un atractivo máis para os visitantes como destino turístico.
Entre as iniciativas que se van poñer en marcha destacan as accións para mellorar a navegabilidade do río Miño ao longo de 16 quilómetros, entre a ponte internacional de Valença-Tui e a ponte internacional de Monçao-Salvaterra, así como a modernización dos embarcadoiros, a sinalización do río no canle navegable, a dotación dunha embarcación turística e de educación ambiental ou as actividades de promoción e consolidación da marca Visit Río Miño. Todas estas accións confluirán na creación dunha ruta turística a cargo da Axencia Turismo de Galicia.

A embarcación, con capacidade para 15 persoas, comeza a funcionar o dia 27 de decembro, na Eurocidade Tui-Valença, operando depois, alternativamente, con Monção-Salvaterra. O percorrido é gratuito, ten a duración de aproximadamente 1h30min e pode ser feito a título individual.

Non precisa reserva, subindo a bordo os primeiros 15 passageiros. No caso de grupos, com visitas guiadas às localidades, é necessário efetuar reserva no portal do operador turístico www.hemisferios.org.

A Xunta aposta pola creación dunha ruta fluvial no Miño para potenciar o río como destino turístico navegable

O proxecto conta cun orzamento de 1,1 millóns de euros que se financiarán con Fondos Feder, e no seu desenvolvemento están implicados, ademais de Turismo de Galicia e Turismo Porto e Norte de Portugal, os concellos de Salvaterra do Miño e Tui, o municipio de Monçao e a Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia.

Alfonso Rueda subliñou que este proxecto é un exemplo máis da cooperación entre Galicia e o norte de Portugal “que tantos e tan bos resultados están dando”, e recordou que en xullo deste ano aprobouse, precisamente en Salvaterra do Miño, o novo Plan de Investimentos Conxuntos (PIC) da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal 2021-27, un documento estratéxico que permitirá fortalecer a cooperación transfronteiriza. No anterior período de programación 2014-20 permitiu que Galicia captase ata 163 millóns para a posta en marcha de 85 proxectos.

- Publicidade -spot_img