Inicio Pontevedra O Salnés A XIV Festa do Pan do Salnés entre a Carballeira de Ribadumia...

A XIV Festa do Pan do Salnés entre a Carballeira de Ribadumia e nos Muíños do Batán

XIV_Festa_Pan_Salnés_entre_Carballeira_Ribadumia_Muíños_Batán

Acompañados por representantes panadeiros de Ribadumia, representantes do grupo Alecrín, o encargado dos Muíños e algúns dos voluntarios que traballarán na festa, o alcalde de Ribadumia, David Castro, e as concelleiras de Cultura, Mar Rey, e de Eventos, Mar Moimenta,  presentaron esta mañá a XIV edición da Festa do Pan do Salnés,

A Carballeira de Ribadumia e os Muíños do Batán volverán a ser os escenarios da festa o próximo sábado 8 de agosto, que combinará o pan de millo e os ovos fritos con actuacións culturais e a promoción do patrimonio etnográfico municipal.

A XIV Festa do Pan do Salnés combinará pan de millo, ovos e actuacións culturais na Carballeira de Ribadumia e nos Muíños do Batán

Esta edición presenta a novidade de que os panadeiros de Ribadumia e os seus produtos serán os protagonistas da festa. Mar Rey, concelleira de Cultura, asegurou durante a presentación que “esta é a mellor ocasión para realzar o pan de cara ó público, e os panadeiros de Ribadumia teñen que ser protagonistas da festa”.

Todos os visitantes poderán adquirir e degustar dende diferentes tipo de pan, empanadas variadas e postres típicos elaborados nas panaderías do Concello, todo elo a prezos populares

En canto á programación, esta nova edición da Festa do Pan do Salnés comezará ás 19:00 horas na Carballeira de Ribadumia para os máis pequenos, xa que alí poderán coñecer dun xeito divertido a tradición e costumes do pan e panadeiros. Tamén haberá un obradoiro de teatro e a representación de “El panadero loco”.

Ás 20:00 horas xa comezarán as catas dos concursos de sobremesas caseiras e de empanadas de millo, que previamente terán que entregarse na Carballeira de Ribadumia entre as 17:00 e as 19:00 horas.

No que respecta ó concurso de empanadas  -que este ano se constitúe como a sétima edición-, as bases recollen que deben estar elaboradas con fariña de millo, sendo de libre elección os ingredientes de recheo. Cada persoa pode entregar como máximo unha empanada, que debe presentar o mesmo día da festa en prato ou bandexa cos datos da persoa nun sobre branco e pechado (nome, apelidos, dirección e teléfono). O xurado, que estará integrado por panadeiros e algún representante do Concello, fallará o concurso e entregará para o 1º posto un premio de 150 € e para o 2º un premio de 70€.

XIV_Festa_Pan_Salnés_entre_Carballeira_Ribadumia_Muíños_BatánPola súa parte, os interesados en participar no concurso de postres caseiros deberán confeccionar un postre que conte co pan como un dos ingredientes. Ao igual que as empanadas, os postres presentaranse na Casa da Cultura de Ribadumia o mesmo día da festa e irá acompañado por un sobre cos datos dos participantes. Os premios son de 100€ para o primeiro e 50€ para o segundo.

Despois das catas das empanadas e dos postres, farase a saída cara ós Muíños de Batán para a tradicional representación da moenda do millo do país, e  alí a Asociación Alecrín dará unha actuación coas tradicionais pandeiretas.

Desde os muíños do Batán a expedición regresará, xa coa fariña, ata a Carballeira de Ribadumia, onde se fará a entrega de premios ós finalistas dos concursos  e  alí proseguirá a festa coa tradicional cea de confraternidade. O grupo encargado de amenizar a festa este ano é “M80”, que comezarán a tocar a partir das 22:00 na Carballeira, seguidos da verbena a cargo do “Dúo Marema”.

O Concello de Ribadumia volve a apostar, como xa fixo nas últimas edicións, polos ovos con pan de millo como principal reclamo. Os asistentes poderán mercar tiquets  para canxear por dous  ovos con pan de millo por 1€ e  unha botella de viño tinto de Barrantes por 1,5€.   “Todo con prezos populares para que a xente que se achegue á festa poida cear aquí cos produtos tradicionais”, engadiu a concelleira Mar Rey.

 

 

 

 

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies