spot_img
InicioVigo e áreaVigoA xeoloxía será a protagonista no ciclo de cine ambiental ‘Butaca verde’,...

A xeoloxía será a protagonista no ciclo de cine ambiental ‘Butaca verde’, organizado polo Parque Nacional das Illas Atlánticas

Centro Illas AtlánticasCiclo de cine Butaca Verde, un programa con fines ambientais e solidarios que acolle o Centro de Visitantes das Illas Atlánticas e no que  colabora na sua organización a  Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.  A partir de hoxe venres 22 de agosto, proxectará as tres últimas longametraxes do programa enmarcadas na semana da xeoloxía.

Trátase dun ciclo de cine de verán solidario que vén celebrándose dende principios de xullo coa emisión de seis películas ata o de agora.

Este ciclo comeza ás 19 horas, coa proxección de Reinventamos un pobo, dirixido pola Fundación Ciudade da Enerxía. Conta a historia dun pobo mineiro de Tremor de Arriba, na comarca berciana, no que a restauración ambiental de dúas entulleiras de carbón que enmarcaban a paisaxe fan posible, ao fin, o crecemento da herba e o cambio da paisaxe.

As proxeccións terán lugar no Centro de Visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas cada venres as sete da tarde

O próximo venres 29 de agosto o filme de Guillermo García Ramos, Tukki. A pegada ambiental, proxectarase ás 19 horas. Trátase do relato de miles de senegaleses que se atopan ante unha dicotomía: uns sofren a seca do deserto, mentres que outros xa non poden predicir as chuvias como antes e a súa terra se seca. Para outros moitos a perda dos bosques arruína os seus pobos. O documental mostra a viaxe que se ve obrigado a emprender un xoven senegalés dende a súa aldea ante a degradación do solo e a deforestación que sofre o seu entorno.

En último lugar, Manual de uso dunha nave espacial, de Amigos da Terra, poderá ser visionado o próximo 5 de setembro, poñendo fin ao programa. Este manual é un documental que retrata as diversas realidades entorno a un dos problemas globais máis complexos do noso tempo: o cambio climático. Así pois, reflexa a urxencia de establecer un diálogo profundo sobre as súas solucións.

A entrada a estas actividades para todos os públicos é de balde.

O ciclo de cine, que ofrece entrada de balde para todos os públicos, vén desenvolvéndose cada venres as sete da tarde, dende o mes de xullo, no Centro do Parque Nacional, onde se reproduciron varios filmes relacionados co medio ambiente: Labregos do Mar, Al calor de las chimeneas, Los hijos del Sáhara, Amazonia Carbonizada e Green, Marcha Atrás.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.