spot_img
InicioVal MiñorGondomarPeitieiros acolle presentación do proxecto “Elelelos” da Asociación Retrouso de Cela

Peitieiros acolle presentación do proxecto “Elelelos” da Asociación Retrouso de Cela

Petieiros

 

Peitieiros acolle presentación do proxecto “Elelelos” da Asociación Retrouso de Cela dentro da Semana Cultural

Este xoves 21 de agosto, ás 20:30h, o Centro Cultural de Peitieiros acolle a presentación do proxecto “Elelelos” da Asociación Retrouso de Cela dentro da Semana Cultural, que precede o XXI Festival Folclórico Internacional. A presentación terá lugar no Salón do Centro Cultural e a entrada é libre.

O proxecto “Elelelos”, músicas de tradición oral no Concello de Bueu, será presentado por Guillerme Ignacio produtor artístico do proxecto, profesor de perfeccionamento da aula de pandeireta de Retrouso e autor da meirande parte das recollas do proxecto. Guillerme Ignacio é ademais fundador do grupo folk tradicional Quempallou, no que se ocupa de gaitas, frautas e voz.

O proxecto “Elelelos” é unha recolleita de músicas de tradición oral do Concello de Bueu, que agora ve a luz en forma de dous discos. O primeiro é unha escolma do traballo de campo realizado por integrantes da Asociación Retrouso de Cela, un traballo de campo realizado nos últimos 15 anos entre a xente maior de Bueu. Son cancións que falan do ciclo da vida (arrolos, xogos) e do ano (reis, panxoliñas, cantares do entroido). O proxecto inclúe 47 cancións.

O segundo disco consta de 14 pezas tradicionais reinterpretadas por músicos da agrupación de Cela, como homenaxe que fai Retrouso ás persoas que os informaron e que conservaron estas músicas. Este segundo CD conta coa participación de María do Caño, cantadeira da Illa de Ons que interpreta un antigo romance acompañada da zanfona de Guillerme Ignacio.

O proxecto Elelelos desde o seu nacemento o pasado xuño de 2013 xa foi presentado en diversos lugares do noso país. Este xoves será presentado na Semana Cultural de Peitieiros e as persoas que se acheguen poderán colaborar co proxecto adquirindo os discos, pois este proxecto tamén explorou diversas vías de financiamento para poder ser publicado.

- Publicidade -spot_img