Inicio Galicia Compostela A mostra ‘Peregrino e Novo Apóstolo. San Francisco no Camiño de Santiago’...

A mostra ‘Peregrino e Novo Apóstolo. San Francisco no Camiño de Santiago’ pecha as súas portas este domingo

Catedral SantiagoA mostra ´Peregrino e Novo Apóstolo. San Francisco no Camiño de Santiago´ vai clausurar este domingo, 24 de agosto, cun éxito rotundo. Máis de 30.000 persoas visitaron xa a exposición dende a súa apertura o día 20 de xuño.

Esta mostra supuxo o primeiro acto conmemorarivo do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago, coa súa inauguración na cidade italiana no Palacio Bonaquisti en agosto do pasado ano, onde recibiu preto de 7.000 visitantes.

A exposición rexistra máis de 30.000 visitas nestes dous meses.

A exposición está concebida para visibilizar a herdanza franciscana que pervive en Compostela e que evoca o espírito peregrino das cidades de Santiago de Compostela e Asís. O legado franciscano no camiño de Santiago, tanto nas localidades da ruta como na propia Compostela, así como a súa contribución ao reforzo da infraestrutura da hospitalidade e ao sentido de peregrinación espiritual occidental son as mensaxes que se transmiten con este proxecto expositivo.

O gran atractivo das obras de arte de primeiro nivel que se recollen na exposición -como cadros de El Greco e Zurbarán, esculturas de Salzillo, Xosé Ferreiro e Salvador Carmona- está a espertar gran interese entre os visitantes. No discurso expositivo figuran pezas medievais da época do santo, procedentes de Inglaterra, Francia, Italia, Terra Santa, Al Andalus e Galicia. Son obras de escultura, ouriveiría, restos de arquitecturas, telas, instrumentos musicais, relicarios, incunables das bibliotecas franciscanas.

A mostra achega á figura de San Francisco de Asís e ao legado franciscano no Camiño de Santiago, así como a súa contribución ao reforzo da infraestrutura da hospitalidade e ao sentido da peregrinación espiritual occidental.

Trátase dun conxunto de pezas relacionadas con San Francisco e a peregrinación a Santiago, comprendidas na súa maioría entre os séculos XII e XVIII, moitas delas da época do santo e outras que forman parte do seu legado histórico e espiritual.

A exposición Peregrino e novo Apóstolo. San Francisco no Camiño de Santiago articúlase nunha serie de capítulos, a través dos que se evoca a memoria do Santo; a imaxe do mundo na época de San Francisco –Occidente, o Islam e Terra Santa-, a busca da transcendencia que leva a peregrinar a Compostela, a presenza das ordes mendicantes no Camiño de Santiago e o legado franciscano nas cidades da Ruta a Compostela.

A gran calidade das pezas que compoñen a mostra é o gran reclamo para visibilizar a herdanza franciscana que pervive en Compostela e que evoca o espírito peregrino das cidades de Santiago de Compostela e Asís. A exposición pode visitarse entre as 11 da mañá e as 14 horas e tamén entre as cinco e as nove da tarde.

Os visitantes poden admirar obras de arte de primeiro nivel como cadros de El Greco e Zurbarán, esculturas de Salzillo, Xosé Ferreiro e Salvador Carmona.

O VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago é un acontecemento que conta coa declaración de Especial Interese Público e celébrase en Galicia dende mediados de 2013 ata mediados de 2015. Un dos eventos máis destacados enmarcados nesta conmemoración, ademais da mostra Peregrino e Novo Apóstolo. San Francisco no Camiño de Santiago é tamén a exposición On the Road que se pode ver no Pazo de Xelmírez.

Ademais Santiago acollerá con motivo desta efeméride o I Congreso Internacional de Peregrinacións e Turismo e máis o I Cumio de Asociacións de Amigos do Camiño, que se celebrarán en setembro de 2014 e maio de 2015, respectivamente.

FOTOS. Turgalicia.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies