spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA visibilizadora exposición fotográfica de ASPACE 'Atrévete a coñecerme' enche de diversidade...

A visibilizadora exposición fotográfica de ASPACE ‘Atrévete a coñecerme’ enche de diversidade o hall do Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra

A visibilizadora exposición fotográfica de ASPACE 'Atrévete a coñecerme' enche de diversidade o hall do Pazo Provincial da Deputación de PontevedraA exposición fotográfica de ASPACE, poderase visitar no hall do Pazo Provincial ata o 14 de agosto

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, inaugurou, xunto a Digna Rivas, deputada de Cohesión Social, e Eulogio López Rio, presidente de ASPACE Galicia, a sétima edición da exposición fotográfica “Atrévete a coñecerme”, organizada pola Confederación ASPACE co propósito de dar visibilidade á realidade das persoas con parálise cerebral e sensibilizar á sociedade.  Tamén estiveron presentes no acto Nacho Pérez, xerente de ASPACE Galicia, Carlos Godoy, presidente da asociación AMENCER-ASPACE, e Mónica Touriño, directiva de ASPACE Galicia.

Sobre a inauguración da exposición, Carmela Silva resaltou que “hoxe a Deputación de Pontevedra énchese de ledicia porque é un deses días nos que unha presidenta síntese orgullosa de selo para poder recibirvos a vos e a esta marabillosa exposición”. Amais, agradeceu a ASPACE Galicia por “elixir novamente o Pazo Provincial como unhas das paradas desta extraordinaria exposición que vai visitar 16 cidades españolas”.

Esta exposición itinerante que partiu de Madrid está composta por 20 fotografías que Asier Bastida realizou para ASPACE Álava. 20 retratos a cor de distintas persoas con parálise cerebral da entidade acompañados de mensaxes transmitidos tamén por persoas con parálise cerebral. O presidente de ASPACE Galicia, Eulogio López, na súa intervención, afirmou que “todas as persoas da provincia sentiranse representadas pola exposición que hoxe inauguramos e sentirán orgullo de que a Deputación a acolla”.

Os obxectivos desta iniciativa son dar unha maior visibilidade ás persoas con parálise cerebral, transmitindo os aspectos máis cotiás do seu día a día resaltando o feito de que a súa vida é idéntica á de calquera outra persoa; potenciar a imaxe das persoas con parálise cerebral coma cidadáns de pleno dereito; e resaltar as capacidades do colectivo.

Por último, Carmela Silva pechou o acto subliñando que “con estas fermosas imaxes cheas de sorrisos compartimos vidas, compartimos experiencias e, en definitiva, unha maneira de entender o mundo no que todos e todas somos iguais”.

Esta mostra itinerante poderase visitar no hall do Pazo Provincial desde este luns 30 de xullo ata o vindeiro 14 de agosto (de luns a venres en horario de 08.00 horas a 20.00 horas).

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.