spot_img
InicioCondado ParadantaA Vendimia Solidaria 2020 de Bodegas La Val destinarase á Fundación Menela

A Vendimia Solidaria 2020 de Bodegas La Val destinarase á Fundación Menela

As Rutas dos Viños promoverá nas rúas galegas a VIII edición das Xornadas de Portas AbertasO importe íntegro da venda deste viño “La Val Solidario 2020” destinaranse a un dos proxectos da Fundación Menela, Rede de Servizos para o Autismo e a Dependencia

Bodegas La Val, unha das marcas pioneiras da Denominación de Orixe Rías Baixas, continúa co seu proxecto de crear un viño solidario. A pesar de que na pasada vendima non se puidese celebrar a que sería a súa IV Vendima Solidaria, debido ás restricións impostas polo coronavirus, desde a Adega cren importante seguir coa traxectoria social deste proxecto que naceu hai xa 4 anos.

Esta iniciativa de carácter social ten por obxectivo colaborar cunha asociación a través dun donativo económico. A idea é facer partícipe a un colectivo na creación dun viño solidario, desde a vendima ata que sae á venda o mesmo, e que sexan eles os que deseñen a etiqueta da que será unha edición limitada co seu nome.

Este é o cuarto ano consecutivo que a Adega organiza esta acción solidaria

Nesta ocasión, a entidade coa que colaborará Bodegas La Val será Fundación Menela, entidade titular dunha Rede de Centros e Servizos para o Autismo e a Dependencia que atende ás necesidades de persoas con Trastorno do Espectro Autista e das súas familias desde os primeiros anos de vida ata a idade adulta. En concreto é o alumnado do Colexio Menela quen asume entusiasmado o reto de realizar a etiqueta do próximo La Val Solidario 2020.

A Adega elaborará unha Edición Limitada de 200 botellas deste Albariño e o importe íntegro da súa venda será doado ao “Club Deportivo Menela”

A colaboración permitirá dotar de equipamento ao Club Deportivo Menela, cuxo proxecto deportivo conta coas seccións de atletismo, natación e xadrez, a través das cales, os mozos e mozas de Menela participan en diferentes competicións federadas. A práctica física e deportiva é unha dimensión crave na calidade de vida das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo pola relevancia que ten en aspectos craves como son o benestar físico, a saúde, a inclusión e a participación en contornas cotiás. Por este motivo, Fundación Menela agradece a confianza das Boegas La Val neste proxecto creativo.

 A Vendimia Solidaria 2020 de Bodegas La Val destinarase á Fundación Menela

O viño comercializarase a partir do próximo mes de xuño e desde a Adega esperan que xa sobre esas datas os membros Menela poidan acudir ás súas instalacións para recuperar a visita que non puideron facer durante a pasada vendima e recibir o cheque polo valor da súa venda.

Esta é a cuarta Edición da Vendima Solidaria que impulsa Bodegas La Val. As edicións anteriores foron en favor das seguintes asociacións: ALENTO (Asociación de Dano Cerebral Adquirido da provincia de Pontevedra), ASPANAEX (Asociación a favor das Persoas con Discapacidade Intelectual da Provincia de Pontevedra), ASANOG (Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia).

Sobre Fundación Menela

Fundación Menela, entidade de iniciativa social clasificada como benéfico – asistencial e de interese galego, é titular dunha Rede de Centros e Servizos para o Autismo e a Dependencia que traballa coa misión de “contribuír á mellora da calidade de vida das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e defender a súa dignidade como cidadáns, dando resposta ás necesidades específicas ao longo de todo o seu ciclo vital”.

Tras a súa constitución en 1989 asume a titularidade, en 1998, do Centro de Educación Especial Menela, referente no campo da atención especializada a nenos e nenas con TEA en Galicia. En 1993 inaugúrase, en Nigrán, o Centro de Día e Residencial Castro Navás para persoas adultas, impulsando o valor do traballo como ferramenta de inclusión social. No Edificio CAMI póñense en marcha, en 2004, o Servizo de Diagnóstico e Servizo de Atención Temperá e Apoio Integral, o Servizo de Apoio Familiar e o Centro de Formación que, desde o ano 1999, realiza actividades formativas ocupacionais e de especialización profesional.

Dentro desta Rede inclúese a empresa Castro Navás S.L., que nace en 1998 coa finalidade de favorecer a inclusión socio laboral de persoas con TEA e, en 2006, a Fundación Tutelar “Camiño do Miño” que desenvolve accións de asesoramento ás familias, orientación, tutela e administración do patrimonio da persoa tutelada.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.