·Publicidade ·
mobipark
mobipark
InicioVigo e áreaMosO Sendeiro dos Muíños, unha das rutas peonís máis frecuentadas de Mos,...

O Sendeiro dos Muíños, unha das rutas peonís máis frecuentadas de Mos, será circular

O Sendeiro dos Muíños, unha das rutas peonís máis frecuentadas de Mos, será circularComo consecuencia da crise sanitaria da COVID-19, viuse incrementada a práctica deportiva e de lecer ao aire libre por parte da veciñanza, incluíndo as camiñatas diarias ao aire libre, actividades de running, trail… etc. É por elo que desde o Concello de Mos decidiuse mellorar e ampliar unha das rutas peonís máis transitadas e frecuentadas do municipio, o Sendeiro dos Muíños da Salgueira, na parroquia de Pereiras, ampliándoo e converténdoo nunha senda circular de 5 quilómetros de lonxitude.

Así o informaron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Medio Ambiente Sostible e natural da parroquia de Pereiras, Leo Costas, quenes apuntaron tamén que “se trata ademáis dunha importante demanda veciñal da parroquia de Pereiras, moi volcada con este sendeiro e estes muíños que forman parte do seu patrimonio cultural, histórico e etnográfico; e que revirte en beneficio de toda a poboación mosense que poderá facer uso e desfrute da senda circular”.

Ampliarase a súa lonxitude e dotarase de sinalización, para o que técnicos municipais xa se atopan traballando no proxecto

O proxecto da Senda Circular dos Muíños da Salgueira en Pereiras, que xa comezou a ser redactado por técnicos municipais, e cuxa acometida se espera poida ser iniciada durante este ano, inclúe entre outra melloras a ampliación da lonxitude do sendeiro, que pasará de pouco máis de 2 quilómetros a 5, sinalización horizontal e vertical, instalación de paneis informativos, etc.

O Sendeiro dos Muíños, unha das rutas peonís máis frecuentadas de Mos, será circular

Desde xeito continúase coa vontade municipal do Concello de Mos de manter e conservar o seu patrimonio natural e cultural e fomentar as prácticas sostibles e ecolóxicas. Potenciar o Mos verde e sostible, así como o turismo local en tempos de pandemia, que a veciñanza mosense coñeza o seu propio municipio e goce de actividades turísticas e deportivas ao aire libre: roteiros de sendeirismo… etc.

“Queremos promocionar o Mos sostible dotado de recursos culturais e naturais que son os seus principais atractivos e elementos diferenciadores” explicaron rexedora local e concelleiro.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies