·Publicidade ·
mobipark
mobipark
InicioVal MiñorBaionaBaiona pon en marcha a redacción dun Plan de Mobilidade Urbana Sostible

Baiona pon en marcha a redacción dun Plan de Mobilidade Urbana Sostible

Nestas primeiras semanas a empresa redactora do Plan de Mobilidade Sostible. está a realizar unha primeira análise da situación do concello en termos de mobilidade e calidade dos espazos públicos.

Dende onte e a través da web do Concello de Baiona, calquera persoa residente neste termo municipal terá a opción de participar nunha consulta dixital online orientada a coñecer tanto as demandas e propostas, como os hábitos de mobilidade da súa veciñanza en relación ao Plan de Mobilidade Sostible. O cuestionario online, que será de carácter anónimo, poderá cubrirse ata o luns 15 de febreiro no seguinte enlace: plandemobilidade.com/baiona, ou ben a través da páxina do concello (baiona.gal) seguindo o enlace do pop-up ó abri-la páxina.

Dita consulta virá a sumarse ás mesas de participación cidadá, na que, os diferentes colectivos e a veciñanza interesada poderán participar ao longo do mes de febreiro en horarios de mañá e de tarde en dependencias municipais, tendo en conta e aplicando as medidas sanitarias oportunas. Asemade poderán enviarse suxestións ao correo baiona@plandemobilidade.com

O Concelleiro de Urbanismo, Víctor Muñoz, aclara que “as actuacións de mellora e humanización illadas, non teñen sentido sen unha perspectiva más ampla do conxunto. Hai que fuxir das improvisacións e actuar segundo un criterio e un cronograma axeitado. Un Plan de Mobilidade é a ferramenta que nos permitirá detectar as deficiencias e marcar unha estratexia de actuación para mellorar os itinerarios peonis, e que os espazos públicos sexan realmente espazos amables”.

O obxectivo, segundo o Rexidor, Carlos Gómez, é “iniciar os pasos para adaptar o entorno urbano de Baiona ó seculo XXI, para o cal e fundamental desenrolar un Plan Estratéxico en materia de mobilidade e accesibilidade que nos permitirá, por una banda mellorar e ampliar os proxectos de humanización de rúas e prazas, e por outra, ó acceso a fondos Europeos para o seu desenrolo”.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies