Inicio Baixo Miño A “V Gala do Remo Galego" vai recoñecer aos remeiros do Club...

A “V Gala do Remo Galego” vai recoñecer aos remeiros do Club de Remo do Miño con catro galardoes

A “V Gala do Remo Galego vai recoñecer aos remeiros do Club de Remo do Miño con catro galardoesO vindeiro sábado, celebrarase en Marín a “V Gala do Remo Galego” onde se recoñecerán aos máis destacados do remo Galego do presente ano.

Tres galardoes como mellor club Galego para as remeiras infantís, absolutas, e remeiros absolutos do CLUB REMO DO MIÑO.Tamén se recoñece como mellor remeiro internacional de Galicia ao noso deportista Rodrigo Conde, polos seus éxitos Internacionais e o conseguir a clasificación para as próximas Olimpíadas.

MELLOR CLUB INFANTIL FEMININO. (Lara Oliveira, Martina Juncal, María Arias e Ana González).

• Medalla de ouro no Campionato galego.

• Medalla de Ouro no Campionato de España en Catro Scull.

MELLOR CLUB ABSOLUTO FEMININO (Esmeralda Santos Maceiras)

• Medalla de Prata no campionato Galego de Remoergometro.

• Medalla de Bronce no Campionato de España en Skiff.

• Medalla de Ouro no Campionato Galego de Remoergometro en individual.

• Medalla de Prata no Campionato Galego en Skiff.

• Medalla de Bronce no Campionato Galego en Skiff.

MELLOR CLUB ABSOLUTO MASCULINO (Jesús González, Rodrigo Conde, Sergio Perez, Alfonso Riveiro, Óscar Alonso)

• Medalla de Ouro no Campionato de España de Remoergometro peso lixeiro.

• Medalla de Ouro no Campionato de España de Remoergometro.

• Medalla de Ouro no Campionato de España en Dobre Scull.

• Medalla de Bronce no Campionato de España de longa distancia en Skiff.

• Cuarto Posto no Campionato de España en Catro Scull.

• Medalla de Ouro no Campionato Galego de Remoergometro individual:

• Medalla de Ouro no Campionato Galego de Dobre Scull.

• Medalla de Ouro no Campionato Galego de Catro Scull.

• Cuarto posto no Campionato Galego de Remoergometro Substitucións.

MELLOR ACTUACIÓN INTERNACIONAL (RODRIGO CONDE ROMERO)

• 5º Posto no Campionato do Mundo absoluto Peso Lixeiro conseguindo con iso a Clasificación Olímpica.

• 4º Posto no Campionato de Europa Absoluto Peso Lixeiro.

• 6º Posto na 1ª Copa do Mundo en Dobre Scull peso Lixeiro.

O mesmo día, ao finalizar a gala, remeiros, socios directivos e simpatizantes do Club Remo do Miño, despedirán o ano cunha gran cea no restaurante Rio Tinto da Granxa

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies