spot_img
InicioBaixo MiñoA tradicional Concentración Cabalar de Telmo programa tres días de actividades

A tradicional Concentración Cabalar de Telmo programa tres días de actividades

tres-dias-de-actividades-na-concentracion-cabalar-de-telmoDurante tres días celebrarase este ano a tradicional e secular Concentración Cabalar de San Telmo na rúa Loureiro, coincidindo coas festas patronais de San Telmo

Revista Cousas de nº21

Esta actividade, que reúne cada ano a miles de persoas, foi gañando nos últimos anos en calidade e seguridade, coma explicaba o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, quen salienta a aposta do concello por este evento no que conta coa colaboración de Hípica Marcos e de Equigalia.

A programación comezará o sábado ás 16 h co Concurso de Salto Hípico San Telmo organizado por Equigalia. No mesmo participarán clubs hípicos de toda Galicia nas modalidades de barritas, cruzadas, 0,5, 0,8 e 1 metros.

tres-dias-de-actividades-na-concentracion-cabalar-de-telmo

O domingo o programa abrirase, ás 10.30 h, coa Copa San Telmo de Horseball cun triangular sub 21 e un dobre sub 13. Proseguirá ás 12.30 h cun concurso de saltos, e tras o xantar popular, continuará ás 17 h con exhibición de enganche, para dar paso, ás 19.30 h ao espectáculo ecuestre de Miguel da Fonseca, que por vez primeira participa na concentración tudense.

O luns, festivo local en Tui, a actividade comezará ás 8 h coa compra-venda de gando. Este ano introdúcese coma novidade unha exhibición de labranza cun arado de vertedera tirado por mulas. Pola mañá realizarase unha xincana tanto infantil coma para adultos cuxa final será ás 17 h.

Novamente o luns volverase a contar co espectáculo de Miguel da Fonseca ás 14 h e ás 19.30 h. Pola tarde, ás 18 h, celebrarase un concurso exhibición de arrastre con varias categorías.

Haberá tamén outras actividades coma o Poni Club o domingo de 17 a 19 h e o luns de 11 a 13 h. Na concentración outorgaranse premios especiais ao mellor xinete, amazona, poni, carruaxe, burro, mula, e xinete e amazona máis novos. Tamén haberá galardóns para o tratante con máis cabezas, burros, ponis e cabalos.

Miles de persoas se agardan que participen na Concentración Cabalar de San Telmo, que cada ano é das máis concorridas de Galicia.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.