spot_img
InicioVal MiñorGondomarA Serra do Galiñeiro volve ser escenario dunha proba deportiva con moita...

A Serra do Galiñeiro volve ser escenario dunha proba deportiva con moita maxia

galicia máxica 2016

Onte presentouse no Concello de Gondomar a proba ‘Trail Serra do Galiñeiro’ que terá lugar o vindeiro domingo 13 de marzo de 2016 a partir das 10,00 h. , con saída á beira do Centro Cultural da Asociación de Veciños de Vincios e final no mesmo lugar. O acto de presentación correu a cargo da concelleira de deportes, Nuria Lameiro, Anton Barreiro de Galicia Máxica e Francisco ferreira, alcalde de Gondomar

Un ano máis, e van seis, a asociación deportiva Galicia Máxica Trail Adventure (GMTA) volve unha nova tempada co seu circuíto galego de trail que fixo posible que centos de afeccionados a esta práctica deportiva non teñan que desprazarse a outras comunidades para gozar do contacto coa natureza en estado puro.

a-serra-do-galineiro-volve-ser-escenario-dunha-proba-deportiva-con-moita-maxia

O Trail Serra do Galiñeiro, é un dos percorridos xa clásicos deste circuíto posto que se mantén en cartel e consolídase grazas a que, desde a súa primeira edición, esta carreira gozou de moito éxito tanto pola fermosura das paisaxes (as rochosas ladeiras do Galiñeiro ou a beira do encoro de Zamáns) polos que discorre, como polas marabillosas vistas que proporciona un cresteo entre roca con inigualables panorámicas que abarcan desde Portugal, o Val dá Louriña, as rías de Vigo e Pontevedra, a propia cidade de Vigo, todo o Val Miñor ou o inmenso mar Atlántico coas Cíes e as Estelas. Ademais, xoga no seu favor que a distancia a percorrer non é excesiva aínda que o perfil altimétrico poida asustar aos pouco iniciados neste tipo de probas.

Según a organización o éxito de esta proba está garantizado pois a inscrición está fechada hai días. Hai inscritos un total de 433 corredores e corredoras. Deles no trail longo (22 km) hai inscritos 308 e no trail curto 12 km) hai 125 inscritos. Y de Portugal vén un autobús pago pola organización cuns 50 corredores, algúns de moi alto nivel.

Como novedades de este ano, volve a ofrecerse a posibilidade de fazer duas probas e con duas distancias parpoder acoller a todo tipo de corredores e se muda a data da competición (antes se fazia en xulio).Se inclúe unha nova fervenza e unha zona de rochas moi técnica.

Galicia-Máxica-Trail-Adventure-GMTA-regresa-Galiñeiro-quinto-ano-consecutivo

Información Xeral:   Galicia MáxicaTrail Adventure (GMTA)

Premios:

3 primeiros homes e mulleres da Clasificación Xeral e por categorías no Trail

3 primeiros homes e mulleres da Clasificación Xeral no Mini Trail, onde non hai premios por categorías.

Categorías:

Senior (ata 39)

Veteranos/as I (40 a 49)

Veteranos/as II (máis de 49)

Clasificación por equipos: sumando todos os participantes de cada equipo en función de baremos expostos na páxina web.

Datos técnicos:

Carreiras circulares:coinciden saída e chegada.

 Entrega de Dorsais:

No salón de actos da A.V. de Vincios (Gondomar):

Sábado 12 de marzo de 17:30 a 20:00 horas
Domingo 13 de marzo de 8:00 a 9:30 horas

Control de Saída:

9:40 na liña de saída (á beira da A.V. de Vincios)

Charla técnica:

9:55 na liña de saída

Saída:

10:00 horas

Entrega de trofeos:

14:00 horas

- Publicidade -spot_img