spot_img
InicioO MorrazoMarínA Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2 de xunio

a-senda-das-mamoas-do-lago-de-castineiras-estara-a-punto-para-o-2-de-xunioA concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da
empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de recuperación
paisaxístixa e patrimonial que se suma aos atractivos do Lago Castiñeiras como
destino turístico, arqueolóxico e de natureza

Revista Cousas de nº21

Trátase dun itinerario lineal, un percorrido que sumará 7,5 quilómetros entre a ida
e a volta, que arranca desde Santomé de Piñeiro, e que atravesa 11 mámoas e nas
que se está actuando para mellorar a súa protección e estado de consevación:
Chan de Castiñeiras 2, Outeiro de Ombra, Chan de Armada, Chan de Fonteseca e
Laghocheiras, no entorno do Lago, e un tramo extra para chegar a Chan de Xaxán.
As mámoas utilizábanse como tumbas e lugar onde facer rituais. Ademais disto,
todas elas estaban orientadas ao este por onde sae o sol, como metáfora de
“volver a nacer noutra vida”.

En todas elas, tal e como explicou Castro e como xa é evidente á vista, estase a
actuar en desbroce e sinalización das mesmas. A de Chan de Xaxán, unha das que
visitou Castro coa concelleira, é a máis grande de todas elas, contando con 30
metros de diámetro. Ademais da retirada da capa máis grosa de vexetación que
se sedimenta sobre a superficie da mámoa, estase a desbrozar a man a zona máis
delicada da cavidade funeraria. Outra das mámoas que se poderán atopar ao
longo do sendeiro conta con grabados do neolítico.

Ao longo do percorrido, iranse atopando puntos informativos con debuxos e
infografías nas que entender como se construían estas mámoas, como era a vida
das sociedades primitivas, os seus ritos e costumes, o por que das localizacións
destes restos arqueolóxicos…

Inauguración da ruta
A inaguración terá lugar o 2 de xunio e será aberta a toda a cidadanía que se
preste a facer esta senda partindo dende un punto de encontro. Nas próximas
semanas, darase máis información sobre a hora e o lugar de arranque.
Aconséllase ir con vestimenta adecuada debido ao entorno no que nos imos
atopar.

- Publicidade -spot_img