spot_img
InicioCondado ParadantaSalvaterra organiza unha xornada de portas abertas para descubrir o Museo da...

Salvaterra organiza unha xornada de portas abertas para descubrir o Museo da Ciencia do Viño ubicado no recinto amurallado

O Espazo Público Singular de Salvaterra de Miño obtén o distintivo "Q de Calidade Turística"O vindeiro sábado 18 de maio celébrase o Día Internacional dos Museos e con motivo de tal celebración o Concello de Salvaterra de Miño organiza unha xornada de portas abertas para descubrir o Museo da Ciencia do Viño ubicado no recinto amurallado.

Revista Cousas de nº21

De xeito gratuíto e por grupos os visitantes descubrirán este espazo de características única en España, un espazo de divulgación da viticultura e enoloxía altamente interactivo, didáctico e idóneo para o desfrute de toda a familia.

O horario de visita será de 11:00 A 13:00 e de 17:00 a 19:00 horas e para inscribirse é preciso porse en contacto co museo ben por correo museocienciavino@concellodesalvaterra.org ou ben nos teléfonos 617 148 866 e 629 770 177. As prazas son limitadas.

- Publicidade -spot_img