spot_img
InicioBaixo MiñoA selección uruguaia de remo concéntrase no Centro Especializado de Tecnificación Deportiva...

A selección uruguaia de remo concéntrase no Centro Especializado de Tecnificación Deportiva de Remo e Piragüismo en Tui

A selección uruguaia de remo concéntrase no Centro Especializado de Tecnificación Deportiva de Remo e Piragüismo en TuiO Centro Especializado de Tecnificación Deportiva de Piragüismo e Remo de Tui acolle a concentración da Selección Nacional Uruguaia de remo, composta por seis deportistas e un adestrador.

Permanecerán nestas instalacións ata o 12 de outubro, preparando a regata preolímpica clasificatoria para Tokio 2021. O río Miño, as instalacións de Tui e o alto nivel dos deportistas tudenses, fixeron que a Federación Uruguaia de Remo escollera esta opción, segundo explica o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez. .

Ao longo do ano estas instalacións acollen concentracións de deportistas de diferentes modalidades deportivas, sobretodo de remo e piragüismo.

O centro está situado na rúa Olímpicos Tudenses, a carón dos centros municipais de remo e piragüismo. Amais hai unhas semanas ampliáronse os servizos que oferta coa apertura  dunha cafetería, tras ser licitada polo Concello de Tui. Deste xeito poden gozar deste servizo tanto os deportistas que adestran nestas instalacións, coma o público en xeral, así coma o peregrinos xa que se atopa nas inmediacións do inicio do Camiño Portugués de Santiago na cidade.

O Centro Especializado de Tecnificación Deportiva de Piragüismo e Remo de Tui (CETD – anteriormente Centro Interfederado), conta con ximnasio, dous vestiarios con jacuzzi e sauna, 6 galpóns para embarcacións, dúas habitacións con 24 prazas, unha sala de judo, unha oficina da concellería de Deportes, así como cafetería.

A instalación acolle os adestramentos do Club Remo Tui, do Judo Club Tudense, así como de distintos deportistas de alto nivel do Concello de Tui.

- Publicidade -spot_img