O Concello de Baiona iniciou nestes pasados días os traballos de limpeza, mellora e rehabilitación dos lavadoiros públicos co fin de poñelos en valor e darlles a importancia que teñen como elemento patrimonial de toda a veciñanza.
Estreitamente vinculados ‘á cultura da auga’ o paso do tempo desvinculou estes lugares do seu cometido inicial para pasar a converterse nun elemento patrimonial a coidar e conservar



