spot_img
InicioCondado ParadantaA CañizaA sede da "Vía Mariana" na Cañiza conta xa con nova sinaléctica...

A sede da “Vía Mariana” na Cañiza conta xa con nova sinaléctica para anunciar a etapa 6 e 7 desta vía de peregrinación Luso-Galáica

a-sede-da-via-mariana-na-caniza-conta-xa-con-nova-sinalectica-para-anunciar-a-etapa-6-e-7-desta-via-de-peregrinacion-luso-galaicaAsí o destacou o alcalde da Cañiza, Luis Piña, tras visitar o lugar acompañado da Presidenta da Asociación da Vía Mariana, María José Silva e o Secretario e Concelleiro Miguel Anxo Antón e da teniente de alcalde María José Rodríguez.

Revista Cousas de Nº24

Luis Piña explicou que continuando na liña de colaboración entre o Concello e a Asociación da Vía Mariana “sufragamos o coste deste panel informativo que anuncia o fin da etapa 6 e o inicio da  etapa 7 en Parada, cun investimento de 327,55€ e que se suma á sinaléctica da etapa 7 que percorre a ruta polo Santuario da Franqueira, con outros 408,39€ de coste”.

O panel, diseñado pola Asociación co visto e prace do Concello, informa da chegada ao Feirón, fin da etapa 6 e comezo da 7, e sitúanos fronte ao pazo do Cervellón, onde durante séculos os Sarmiento e os Sotomayor impuseron as súas leis e impostos, exercendo  a tiranía propia dos peores momentos do feudalismo ( documentado en Pleitos  desde 1515). Desde tempos inmemoriais este foi lugar de mercado semanal e no século XX aquí construiuse a escola. Parada de Achas acolle antigos pazos e casas señoriais ademáis de arquitectura indiana.

Pero o máis impresionante é a súa paisaxe e os 4 ecosistemas diferentes do PRG165. Este sendeiro recupera camiños esquencidos, recreándose nas fragas dos tres ríos (Calvo, Oulo e Deva), un sobreiral e a serra e incorpora os medievais Camiño Real polo sur e Camiño da Raíña Urraca polo este, creando diferentes circulares en 33 km.

E nesta contorna dase paso á Vía Mariana que chega desde Portugal. Desde O Feirón comeza a etapa 7 pasando  pola Igrexa Parroquial de Santiago de Parada ata o Santuario da Franqueira, nunha ascensión ata os 940 m. do Coto da Vella ( lugar onde apareceu a Imaxe da Virxe da Franqueira), en plena serra de A Paradanta e coas vistas hacia A Peneda e incluso ás illas Cies de Vigo.

a-sede-da-via-mariana-na-caniza-conta-xa-con-nova-sinalectica-para-anunciar-a-etapa-6-e-7-desta-via-de-peregrinacion-luso-galaica

A VÍA MARIANA: un proxecto de alto valor turístico, cultural, relixioso, económico e social, conseguido grazas ás sinerxias, talento e vontades de moitas personas que apostaron por esta nova vía, tamén coñecida como  “o camiño feminino”que ten na Cañiza a sede oficial da súa Asociación e o Santuario de A Franqueira, un dos 10 que une a Vía Mariana.

A Vía Mariana ten o seu Km Cero en Braga (Portugal) no Santuario do Sameiro, atravesa 5 cámaras portuguesas e entra en Galicia por Arbo ata chegar a Muxía recuperando do esquecemento estradas extraordinarias para xuntar os 10 santuarios, territorio repartido en 30 concellos e cámaras nun total de 400 Km.  Únicamente ten unha variante que ofrece a posibilidade verde e non masificada de ir por Brión en vez de pasar por Santiago.

Cun percorrido programado en 18 etapas, ten como principal obxectivo “crear sinerxias para favorecer as zonas rurais máis deprimidas, fixar poboación, mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e ponderar a nosa riqueza paisaxística e patrimonial”.

Enlace para  ampliar máis información sobre a Vía:

https://www.facebook.com/share/15VVxrg9cG/

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.